Na Roma antiga os ritos funerarios empregados cos defuntos eran a incineración e a inhumación.
Os enterros eran levados a cabo máis ben pola noite para evitar grandes concentracións de público e para desalentar aos xentíos e ás lamentacións excesivas.
A inhumación era máis común que a cremación na Roma prehistórica. Sen embargo, a inhumación foi abandonada xeralmente cara ao final do século V a.C. e só foi de novo posta en práctica contra a metade do II século d.C.
A aceptación da cremación como o sistema principal deu lugar ás ustrina, os recintos sagrados nos cales se construían as piras para converter os cadáveres en cinzas.
As doce táboas, o código da lei romana, prohibían o enterro ou a cremación dentro das murallas da cidade, e normalmente tiñan lugar fóra das murallas, ao longo dos camiños que conducían á cidade.
A incineración é a combustión completa de residuos orgánicos ata converterse en cinzas. A súa etimoloxía provén do latín in + cinis, eris: "cinza".
Sendo máis estrictos no significado deste termo diríamos que cando este proceso se lle fai a un morto denominase Cremación. Esta palabra provén do Latín cremare derivado da raíz Indoeuropea de onde deriva tamén a palabra latina carbo "carbón".
Na cremación, o cadáver queimábase nunha pira de madeira en forma de altar, con catro lados iguais. Cando as chamas comezaban a levantarse botábanse nelas perfumes, cuncas de aceite, ornamentos, roupas, pratos de comida, e outras cousas de acordo co gusto dos defuntos.
Despois de que a pira se extinguise, un membro da familia (xeralmente a nai ou a esposa do defunto) recollía as cinzas e colocábaas nunha urna. Cando a pila se queimaba por completo, as ascuas eran empapadas con viño, e os ósos e as cinzas dos defuntos recolectadas polos parentes máis próximos, quen os regaban con perfumes e os colocaban nunha urna. Era práctica habitual que se celebrase un a miúdo refinado banquete no lugar do enterro ou da cremación.
Xunto coa inhumación, hoxe en día a cremación é un dos ritos mais populares para a disposición de un cadáver. E vai en aumento cada ano en detrimento da primeira.
Unha Urna funeraria, tamén chamada cineraria, do latín cinis, -eris, "cinza", é un vaso cerrado de pedra, bronce ou mármore, alabastro, cerámica ou vidro, no que os parentes dun difunto recollen as suas cinzas despois da cremación.
A inhumación ou enterramento dun cadáver provén do latín in "en" e humus "terra" > Acción de enterrar un cadáver.
Na tumba bendicíase o lugar de descanso, botábase terra enriba dos restos e purificábase aos membros da familia, xa que se pensaba que quedaban contaminados pola morte, mediante a aspersión, por un sacerdote, de auga pura dunha póla da oliveira ou de loureiro.
Se o corpo era enterrado baixábase dentro da tumba nunhas angarellas ou nun ataúde de arxila cocida ou de pedra.
As tumbas eran de varios tamaños e formas, segundo a riqueza e o gusto do dono. As tumbas do romanos adornábanse de varios xeitos, pero raramente representaban a morte directamente.
En Roma, os Columbaria eran unhas edificacións con nichos destinados a conter as urnas cinerarias nos sepulcros da familia. A súa etimoloxía remite ao parecido cos pombeiros, niños feitos para as pombas, en latín columba, ae.
Hoxe en día están en auxe os Columbaria modernos, como podemos ver nas imaxes seguintes.
As catacumbas son unhas galerías subterráneas que algunhas civilizacións mediterráneas antigas construíron e utilizaron como lugar de enterramento. As máis coñecidas e as mellores estudadas son as catacumbas da cidade de Roma. Tamén son coñecidas as catacumbas de París, aínda que seu orixe e moi distinto (siglo XVIII).
A orixen da palabra latina catacumba é incerto. Algúns fana derivar do grego κατά "cara abaixo", y τύμβoς "túmulo"; pero tamén de κυμβή "copa", co significado de "depresión, foxo". Outros estudiosos din que é un híbrido do grego κατά "cara abaixo" y de la raíz latina -cumbo que significa "xacer, estar deitado".