O Estado Islámico volve irrumpir en Palmira

Post date: Dec 11, 2016 5:53:53 PM

O grupo terrorista Estado Islámico logrou este sábado irrumpir de novo na cidade de Palmira. Os yihadistas avanzaron polos arredores do hospital de Palmira, no extrarradio noroccidental da urbe, despois de controlar o distrito de Al Ameriya, no norte.

A milicia xa tuvo case un ano o control de Palmira, tempo no que destrozou numerosas ruínas declaradas patrimonio da humanidade pola UNESCO.

Según a web de noticias de Al Masdar, cercana ó Goberno, as tropas estacionadas na rexión retiráronse. As baixas entre as filas do Goberno suman 100 combatentes, polo que foron enviadas novas tropas á rexión, añade a publicación.

Pese a ter sufrido numerosas perdas, o EI segue dominando amplias zonas do este e do norte de Siria. A milicia terrorista iniciou esta semana unha ofensiva na rexión en torno a cidade de Palmira, atacando ás milicias do Goberno en varias direccións.

Fonte e imaxe I La Vanguardia