Post date: May 31, 2015 7:26:14 PM
Vinte e cinco obras de arte que forman parte do patrimonio italiano foron devoltas polas autoridades estadounidenses tras atopalas en fondos de museos, coleccións privadas ou a piques de ser poxadas.
Un calpis -vaso- etrusco con figuras negras e debuxos de delfíns, datado entre o 510-500 a.C, atopábase nos fondos do Toledo Museum of Art (Ohio), a donde chegara en 1982.
Unha crátera de figuras vermellas do artista Methyse, do 460-450 a.C, tamén chegara a Estados Unidos proveniente da actividade ilegal dun traficante de bens culturais, que a vendeu ao Minneapolis Institute of Arts.
Entre as pezas que datan logo de Cristo é posible citar exemplares en papel como un manuscrito roubado en 1990 do arquivo da archidiócesis de Turín, un bronce romano cunha imaxe de Marte e un fragmento de pintura mural de Cristo do século XII, que fora subtraído en 1978 da cripta situada en Guidonia Montecelio.
Imaxes e información: elimparcial