Post date: Apr 15, 2015 1:24:43 PM
Roma estreará o espectáculo “Foro de César. Unha nova viaxe na historia da Roma Antiga” o 25 de abril de 2015. Este espectáculo será un percorrido polo Foro de César no que, grazas ás tecnoloxías dixitais, os visitantes poderán aprezar unha reconstrución dos templos, tribunais, a escola e os comercios “tal e como eran na Antigüidade”. A estrea débese ao aniversario da Cidade Eterna. Nel presentarase por primeira vez unha galería subterránea que conecta o Foro de César co de Traxano.Consistirá nun paseo nocturno polo Foro do emperador máis famoso da Antiga Roma (e tamén o primeiro en construír un foro no seu nome), e ilustrarase con imaxes, vídeos e unha audioguía dispoñible en oito idiomas.
Este é, segundo o alcalde de Roma Ignazio Mariño, un dos seus soños. “En Roma hai ansia de cultura. Temos un patrimonio único no planeta e, finalmente, decidimos administralo no modo correcto”, expresou.
Ademais, o próximo 21 de abril Roma estreará un proxecto de iluminación permanente para os seus históricos foros dirixido polo director de fotografía italiano Vittorio Storaro, gañador de tres premios Óscar polo seu traballo en “Apocalypse Now” (1979), “Reds” (1981) y “The Last Emperor” (1987).
Pódese ver este proxecto como unha oportunidade para viaxar no tempo que conseguirá difundir unha imaxe do Foro diferente, renovada e máis próxima á súa historia.
Información: Fuente: EFE | YAHOO Noticias 08/04/2015.
Primeira imaxe: Xulio César. Imaxe da Wikipedia.
Segunda imaxe: Roma. Imaxe da Wikipedia.