Post date: May 21, 2017 6:32:18 PM
Calígula reinou como emperador entre os anos 37 e 41 d.C., e é un dos emperadores máis famosos debido ás súas crueldades (algunhas delas levadas a cabo a bordo de embarcacións de recreo). Aínda que Calígula é coñecido fundamentalmente polas atrocidades que causou (como cortarlle a lingua a algúns e torturar a outros) e as súas tolas ideas, tamén realizou actos positivos como a construción de acuedutos, portos, teatros e templos.Agora, un equipo de investigadores italianos está traballando para intentar recuperar os restos dunha daquelas naves onde Calígula celebraba as súas orxías, afundida probablemente no lago Nemi. Esta nave podería medir ata 122 metros de eslora e, xunto con outras dúas embarcacións que quedaron destrozadas tras un incendio durante a Segunda Guerra Mundial, foi construída para replicar as embarcacións de recreo que navigaban polo Nilo no antigo Exipto. Os historiadores pensan que os antigos romanos afundiron os barcos para tentar borrar calquera recordo de Calígula.
Os investigadores, que están a empregar escáneres de alta tecnoloxía para examinar o fondo do lago Nemi (cuxa profundidade é duns 30 metros), examinarán, xunto coas autoridades italianas, as imaxes obtidas mediante escáner ao longo do próximo mes de xuño.
Fonte e imaxe | Ancient Origins