Post date: 04-may-2017 14:42:31
Onte estivemos na Facultade de Filoloxía de Santiago, con motivo da segunda edición dos Ludi Compostellani, organizados por SEECGalicia. Tivemos a sorte de poder participar na xincana mitolóxica e nos obradoiros de Ciencia, Hoplitas e escritura, e quedamos con gañas de coñecer os de cociña, moda e taboíñas micénicas. Dende aquí queremos agradecer á organización o seu traballo e felicitalos polo resultado. Esperamos xa a nova edición desta actividade, con máis obradoiros e máis prazas, xa que este ano quedaron esgotadas aos poucos días.