O Teatro Romano de Cartaxena en realidade virtual

Post date: May 16, 2018 1:17:36 PM

Un proxecto dispoñíbel dende o 11 de maio, permite aos visitantes revivir a época de esplendor que tivo o xacemento arqueolóxico.O Patronato da Fundación Teatro Romano aprobou fai uns meses a contratación dunha empresa de realidade aumentada para que poida usarse no móvil, na tablet ou con gafas de realidade virtual, durante a visita ao monumento.Desta maneira, poderíase presenciar parte dunha actuación dentro do propio Teatro Romano a través da realidade aumentada.A través de dispositivos móviles e gafas de VR, dispoñíbeis nas instalacións do Museo, calquera persoa que visite o conxunto arquitectónico pode disfrutar das recreacións arquitectónicas de antes e vivir unha experiencia na antiga Carthago Nova. Trátase dun proxecto único en España e no mundo e considerada a primeira implementación práctica de realidade virtual utilizada como guía para visitar un museo arqueolóxico.Os usuarios poden vivir esta experiencia de tres formas. Unha delas é a través de gafas de realidade virtual que o Museo pon a disposición dos usuarios por un precio de 10 euros, incluídas na visita guiada. Tamén a través dos seus smartphones ou tablets persoais, mediante a descarga da app Imageen-Cartagena, dende Apple Store ou Google Play, por tan sólo 2,5 euros.

No seguinte enlace podemos ver a guía virtual do Teatro Romano de Cartaxena | youtube

Fonte e imaxe | RadioCartagena-SER