O Foro romano estrenou a súa iluminación de Oscar

Post date: 19-may-2015 18:11:24

O Foro Romano estrenou nova iluminación deseñada polo oscarizado director de fotografía italiano Vittorio Storaro, na xornada festiva dedicada ao aniversario da fundación da capital. 

Storaro, que interveu en "Apocalypse Now" ou "Reds", traballou con lámpadas LED que respetan a tipoloxía dos corpos iluminados e teñen unha longa vida útil e elevada eficiencia e que non danan os elementos iluminados.

Foros Imperiales
Foros Imperiales

O aniversario de Roma, antes chamado Dies Romana ou Romaia, foi sempre unha festividade laica que fai referencia á fundación atribuída a Rómulo o 21 de abril do ano 753 antes de Cristo.

Na antigüidade a conmemoración era un elemento de propaganda imperial que adquiriu importancia fundamental.

O primeiro en celebrar o aniversario de Roma foi o emperador Claudio no ano 47 de nosa era, mentres que no 248 Felipe o árabe festexou o presunto primeiro milenio da cidade.

Fotos e Información: infobae