O ensino superior estaba ao alcance de moi poucos.
O Rhetor (do grego ῥήτωρ, "profesor de retórica") tiña un bo soldo (catro veces superior ao do gramático) e unha mellor consideración social que os seus colegas de primaria e secundaria.
Ensinaba arte oratoria, a disciplina coa que que intentaba converter aos seus alumnos en consumados oradores. Para os romanos o ideal dun bo orador consistía en ser un vir bonus dicendi peritus, "home honrado e experto na arte de falar en público", e tiña que ter experiencia política, bo coñecemento das leis, da historia, da filosofía e da psicoloxía humana.
Respecto a metodoloxía no ensino superior, poñíanse exercicios de falar en público, esixíase asistencia ao foro, facíanse simulación de xuízos...
Os exercicios de oratoria que se realizaban na escola podían ser de dous tipos: controversiae e suasoriae.
Controversiae eran uns exercicios que consistían nunha confrontación de distintos puntos de vista sobre un tema xurídico tratado (un tema que era imaxinario e sobre o que os alumnos debían un día defender unha postura e ao día seguinte a contraria)
Suasoriae, estes outros consistían na elaboración duns discursos que pretendían convencer a un auditorio dunha tese determinada. Propoñíanse temas históricos ou mitolóxicos, que trataban de decisións tomadas por personaxes célebres. Un exemplo dos temas propostos neste tipo de exercicio podía ser o sacrificio de Ifixenia polo seu pai Agamenón, no que o alumno debía argumentar as razóns que levaron ao rei de Micenas a sacrificar á súa filla.
Sobre as actividades no foro: o Tirocinium fori era a aprendizaxe do foro, o período de "prácticas", onde o alumno podía ver en acción aos mellores oradores do momento, e o Tirocinium militae era a aprendizaxe militar, a iniciación do xove no exército romano.
Era moi habitual realizar "viaxe de fin de estudos" a Grecia, que podíamos relacionar cos Máster de hoxe en día, na que os alumnos aventaxados recibían clases dos mellores oradores do momento, como fixeron por exemplo Virxilio ou Cicerón.
Marco Fabio Quintiliano ( circa 39 - Roma c.95 )
Naceu en Calagurris Nassica, actual Calahorra, preto de Logroño.
Fixo os seus primeiros estudos en Roma, onde o seu pai, supostamente, exercía a profesión de retor ou avogado; alí adquire unha cultura xeral moi completa seguindo as leccións de Remio Palemón e Servilio Nonario.
Tras o asasinato de Nerón, desenvolveu unha brillante e recoñecida carreira de retórica.
Primeiro escribiu un diálogo que posteriormente se perdeu, pero a súa obra máis importante e De institutio oratoria.
(...) Asuma ante todo un espírito de pai con respecto aos seus alumnos, e pense que está no lugar daqueles que lle confiaron aos seus fillos.
Non teña el vicios, nin os tolere.
Non sexa desagradable a súa actitude austera, non sexa excesiva a súa familiaridade; non vaia ser que naza da unha odio e da outra desprezo.
Fale moito de honestidade e bondade, pois cantos máis avisos dea, menos castigará.
Non se deixe levar nunca pola ira, pero tampouco deixe pasar o que debe corrixirse.
Sexa sinxelo no seu ensino, sufridor do traballo, estea sempre próximo, pero non en exceso.
Responda gustoso aos que lle preguntan, aos que non lle preguntan, pregúntelles de súpeto.
Nos encomios das exposicións dos seus alumnos non sexa rañas, pero tampouco esaxerado, porque o un provoca desgusto con respecto ao traballo, o outro autosuficiencia.
Ao corrixir o que debe, non sexa duro, e moito menos, ameazador, pois a moitos afástalles do propósito de estudar o feito de que algúns os repriman coma se os odiaran.
Diga algunha vez, é máis, moitas veces, diariamente, constantes exemplos sacados da lección para a súa imitación. Con todo, segundo se di, a viva voz alimenta moito máis e, sobre todo, a do mestre, ao que os seus discípulos, se están ben educados, aman tanto como veneran.
Non se pode dicir canto máis gustosamente imitamos a quen apreciamos? (...)
(...) Logo de falar bastante dos deberes dos mestres, aos discípulos, namentres, só lles recomendo isto:
Que amen aos seus mestres non menos que aos mesmos estudos, e crean que son os seus pais, non fisicamente falando, senón no plano intelectual.
Este deber cara ao mestre axudará moito ao estudo, pois os escoitarán mellor e crerán nas súas palabras, e desexarán vivamente parecerse a eles.
Finalmente virán contentos e entusiasmados ás reunións das escolas, non se enfadarán cando se lles corrixa, alegraranse cando se lles encomie, e dedicaránse ao estudo para ser os máis queridos.
Pois así como o deber daqueles é ensinar, o deber destes é mostrarse dóciles.
Pola contra, unha cousa non serve sen a outra. E así como o home nace da unión dun e outro proxenitor, e en balde se esparce a semente se non a quenta o sulco ben abrandado, do mesmo xeito, a elocuencia non pode desenvolverse se non existe a concordia asociada do que transmite e do que recibe. (...)
As escolas romanas non trataban de dar preceptos de moralidade, de formar o caracter ou ensinar patriotismo aos alumnos, senón a entrenalos como futuros oradores na escena pública.
Un mestre destacado foi Remio Palemón, un escravo que acadou a liberdade e ensinou gramática en Roma, dándolle clase ao propio Quintiliano.
Había aínda así un sentimento xeneralizado de que un mestre era máis que iso, que debía ser como un pai e ofrecer a orientación moral que faltaba nos seus fogares.
Plinio, por exemplo, buscaba un mestre de bos costumes e carácter moral.
Quintiliano destacaba pola súa simpatía cos alumnos e o seu alento, ademais reproba categoricamente o castigo corporal. El foi o que propuxo ó mundo moderno o tipo ideal de mestre humano e comprensivo, interesado cordialmente no ben estar e adianto dos seus alumnos en vez dun pedante adicado a aterrorizalos.
Tamén afirmaba que o feito de regañar desalentaba a moitos alumnos ao estudo e que cando se intrúe ben os alumnos miran aos seus mestres con afecto e respeto.
Tamén se estudaban as vantaxes e desvantaxes sobre estudar na casa ou na escola cun mestre particular. Quintiliano menciona que na ensinanza na escola se fan amizades que duran toda a vida. Os romanos recordaban con nostalxia os días nas súas escolas e según Cicerón todos recordaban con gratitude as esceas relacionadas coa súa educación e aos mestres que lles ensinaron.