Post date: Sep 30, 2014 8:51:41 PM
Existen varios motivos para o uso das linguas clásicas como parte do marketing das firmas comerciais. Por un lado, o feito de que o comprador non ten que axustar o nome do producto para cada país. A lingua clásica da un carácter casi universal e atemporal ao artigo en cuestión. Por outro lado, o latín e o grego, ao ser linguas flexivas e sintéticas, conteñen vocablos breves e, a súa vez, cheos de contido semántico para que o nome se conserve como reclamo publicitario. Ademáis, son linguas eufónicas e aportan prestixio; o prestixio do clásico.
Exemplos:
A famosa empresa NIKE, con sede en Oregón (Estados Unidos), toma o seu nome de Νίκη, a deusa grega da victoria, dotada ca capacidade de correr e voar a gran velocidade.
Imaxe de Wikipedia.
A marca alemana Audi toma o imperativo do verbo audio. Parece ser que un dos socios da empresa inicial con apellido Horch (que significa en español: «oe, escoita») perdeu nun xuizo a potestade de poñer o seu apelido a unha nova compañía resultante e decantouse polo seu equivalente en latín.
Imaxe de Wikipedia.
A marca «Ajax» (do gr. Αἰας; heroe griego, o máis forte despois do seu primo Aquiles. Pelexou na guerra con coraxe e destreza. Na Ilíada descríbese como un guerreiro de gran estatura e fuerza colosal) ten por seguro que non hai mancha que resista a súa forza desengrasante.
En conclusión, acabamos de comprobar como empresas que están ao frente da tecnoloxía e ainnovación, e que gastan moitos millóns de euros en marketing fan uso de nomenclaturas latinas ou gregas para as súas marcas ou modelos porque lles aportan forza, universalidade, atemporalidade e prestixio.
Máis información e exemplos neste enlace.