Un agricultor descobre unha mina romana en Portela

Post date: Jun 4, 2017 5:08:08 PM

Un agricultor de Portela descubríu unha mina romana cando, abrindo sulcos para plantar millo co seu tractor, o chan abríuse e unha roda quedou soterrada. Isto non foi un suceso demasiado especial, a sorpresa chegou cando o dono do terreo, Manuel Vázquez Delgado, tirou unha pedra no burato e comprobou que a profundiade era duns 5 metros; o cal os levou a investigar e contactar con expertos, coma José Fernández Pérez, directivo do Instituto de Estudos Valdeorreses, que confirmou que se trataba dunha mina de ouro romana.A galería foi construída seguindo unha línea oeste-este, pero non ten saída. A súa antigüidade é duns 2.000 anos, pois os romanos habitaron este terreo entre o 10 a.C e o 160 d.C. aproximadamente.

Fonte e imaxe | La Región