Post date: 30-abr-2017 17:21:03
As scholae per rete son clases en línea de latín e grego a diferentes niveis, dende os rudimentos dunha lingua ata a lectura de clásicos. As clases son activas, atractivas e amenas, e desenvólvense a través de plataformas como Skype ou Google Hangouts. As horas son decididas polo mestre e alumnos.
Están dirixidas a unha persoa ou a grupos pequenos (5- 6 alumnos) e o prezo varía segundo o número.
En canto ao material didáctico para latín úsase o Lingua Latina Per Se Illustrata de H.H. Orberg e para o grego Athènaze (edición italiana), de M. Balme, G. Lawall, L. Miraglia e T. F. Bórri. Ambos libros básanse no método natura onde o léxico e a gramática son as bases dunha ensinanza precisa na que se aprende de forma inductiva.
As clases tanto de latín como de grego dánse no propio idioma para que os alumnos practiquen constantemente a lingua que estudan.
Para máis información clika aquí. Podes solicitar unha primeira entrevista sin compromiso.
Fonte e imaxe | Cultura Clásica