Os romanos eran influenciados sobre os espíritos dos antepasados mortos.
Os espíritos podian ser de 2 tipos:
Larvae e Lemures: eran espíritos malignos da morte.
Manes: eran espíritos bos que protexían a familia.
As Larvas en orixe eran «xenios», seres sobrenaturais de orixe itálica, transformados en espíritos malignos que nunca pertenceron ao mundo dos vivos.
Son ás veces considerados como seres infernais, confundidos no espazo subterráneo con espíritos dos defuntos. Sen embargo, nalgúns casos, a natureza parece non ser humana, xa que no infierno teñen reservada a función de acosar e martirizar as almas,
Os Lemures son as almas de aqueles defuntos que podian regresar e reclamar algo aos vivos, unha especie de pantasmas famentos que deambulaban pola casa, quizais porque non se lle ofreceron os ritos debidos á súa morte, ou non se lles proporcionou unha tumba.
Os días 9,11 e 13 de maio celebrábase a festa da Lemuria, cerimonia para satisfacer aos Lemures para que puidesen andar polas súas casas.
Dicíase que vagaban pola noite e que atormentaban e asustaban aos vivos.
A medianoite os paterfamilias romanos realizaban o sinal do "Mano Fico" e percorrían descalzos por toda casa mentres escupían nove fabas negras para que comesen os espectros. Desta forma conseguirian o benestar dos habitantes do fogar.
Tanto as Larvas como Lemures camiñaban polas viñas, pozos e estancias do fogar, molestando e asustando a criadas, nenos e animais. Eran representados como esqueletos.
Linneo, fundador da nomenclatura binominal, púxolle Lemures a unha especie animal cuxos individuos se caracterizan por...
Os seus hábitos nocturnos
O seu aspecto pantasmal
Os seus movementos silenciosos na escuridade
Os seus ollos reflectantes
Os seus berros de ultratumba....
Eran uns deuses familiares e domésticos ou caseiros polo xeral asociados a outros chamados Lares, ou deuses familiares, e Penates, ou deuses da despensa.
Eran espíritos de antepasados, que oficiaban de protectores do fogar. O pater familias, era seu sacerdote e oficiaba as suas cerimonias relixiosas e ofrendas nas vivendas. Son propiamente almas dos defuntos, nin bos nin malos en principio, pero que deben ser venerados e respetados para asegurarse dunha boa relación co mundo dos vivos.
Se non se facía, podía ocorrer o que nos conta o poeta romano Ovidio:
Houbo unha época, mentres libraban longas guerras, na que os romanos fixeron omisión dos días dos mortos. Non quedou iso impune, pois din que, desde aquel mal agorio, Roma quentouse coas piras dos suburbios.
Apenas podo crelo, pois din que os nosos avós saíron das tumbas, queixándose no transcurso da noite silenciosa. Din que unha masa baleira de almas desfiguradas percorreu oubeando as rúas da cidade e os campos extensos.
Despois dese suceso, renováronse os honores esquecidos das tumbas, e houbo coto para os prodixios e funerais (...)