Post date: Oct 14, 2017 9:45:33 AM
Un veciño do pobo lugués As Nogais destapa un xacemento de restos arqueolóxicos na súa vila. Despois de moito tempo decide amosar unha moeda que 50 anos atrás lle regalaran uns homes de Ponferrada que buscaban "cousas antigas" polo pobo. Por aquel tempo o home xa se decatara de que aquelas persoas fixeran algún descubrimento, xa que cada vez que os vía marchaban con sacos cheos de cousas.
Unha vez que a historia saíu a luz, os integrantes do colectivo patrimonial descubriron que a moeda era de bronce da época romana. A partir deste descubrimento comezaron a buscar pola zona que 50 anos antes investigaran aqueles individuos e descubriron numerosos xacementos de tellados e cerámicas pertencentes a un pobo romano. Tamén fixeron outro gran descubrimento. A poucos metros dun pequeno río, non moi lonxe de alí, atoparon a base dun muíño circular feita de granito, tamén pertencente a época romana.
Fonte e Imaxe | La Voz de Galicia