Unha ponte anterior á ponte romana de Alcántara?

Post date: 06-mar-2017 20:52:17

Nunha das pilas da ponte, na marxe esquerda do río Texo, foron achados restos dunha ponte anterior, cuxa estrutura se reutilizou na época do emperador Traxano. Na investigación participaron científicos do CSIC e o estudo publicouse na revista "Arqueoloxía da arquitectura".

A ponte romana de Alcántara atópase en Cáceres, foi construída no século II d.C., en época de Traxano, e está considerada como un dos símbolos da romanización de Hispania, ademais de que conta cun gran valor arquitectónico.

A partir deste achado, surxen dúas hipóteses relativas á antiga ponte. A máis improbable sería que esta se derrubara debido á crecida do río, mentres que a segunda posibilidade suxire que esta ponte foi un proxecto que se suspendeu por non ter os resultados esperados.

Esta investigación pode influír en que a ponte de Alcántara sexa considerada Patrimonio da Humanidade da UNESCO, debido a que confirma a importancia estratéxica do lugar antes da construción da ponte que se conserva na actualidade.

Fonte e imaxe | ABC