Os Romanos tiñan unha esperanza de vida curta debido á enfermidade, ao limitado coñecemento médico e ás guerras case constantes.
Os rituais e as prácticas funerarias xogaban un papel esencial nas súas vidas, pois crían que o feito de honrar aos membros difuntos da súa familia e un enterro apropiado eran esenciais para a vida de ultratumba.
Os romanos tiñan un concepto moi detallado da vida no máis alá e para eles era crucial a crenza de que os espíritos dos mortos eran conducidos a través do mitolóxico río Styx ao mundo subterráneo, onde se xulgaba se o espírito ía atopar o seu lugar no Elysium (os campos Elíseos, onde moraban os benaventurados, similar ao ceo dos cristiáns), ou no Tartarus (onde vivían os malvados, semellante ao inferno cristián)
Os funerais eran considerados como un xeito de preparar o espírito para esta viaxe. Había numerosos costumes que se seguían para asegurarse de que o defunto era enterrado ou incinerado correctamente, de que tería unha vida propicia no máis alá e de que non volvería para atormentar aos vivos.
Pretendíase que estes tamén reflectisen o lugar do defunto na familia e a importancia vindeira da familia que lle sobrevivía.