A Cova de l’Aigua del Montgó

Post date: Apr 21, 2017 3:26:41 PM

Una de romanos La Cova de l’Aigua del Montgó

Se vas de vacacións a Dénia e tes tempo libre, unha das mellores opcións é realizar unha visita á Cova de l'Aigua, situada na montaña do Montgó. Este refuxio natural sobresae polas súas vistas á cidade de Dénia e pola fermosa paisaxe marítima. O deterioro da cova, chea de pintadas e cuberta de barrotes, non resta importancia á súa coñecida inscripción romana.O destacamento militar da Lexión VII Germina utilizou a cova como posto de vixilancia da costa preto do ano 238 d.C. e custodiou tamén o depósito de auga doce que tiña no seu interior. Esta cova servía para abastecer de tan prezado elemento aos romanos que habitaron a antiga cidade Dianium.

Para acceder ao punto turístico débese atravesar a coñecida ermida do Pare Pere, e camiñar polos coñecidos camiños das Colonias en zig-zag, ata chegar a unha senda que conducirá á cova logo de camiñar 20 minutos. Os visitantes poderán disfutar da natureza e descubrir unha nova cova que os romanos utilizaron para obter auga, ademais de contemplar a cidade de Dénia a vista de paxaro.

Fonte e imaxe I LasProvincias