Post date: 16-may-2018 18:34:41
A finais do século I demoleuse o circo romano no que se atopa o mosaico dos Amores. Na actualidade, un grupo de arqueólogos confirmou que algunhas persoas entraron na ruína para levarse teselas de vidro antes de que quedaran ocultas baixo os escombros. As hipóteses apuntan a que os responsables foron uns nenos. A estratigrafía permitiulles coñecer aos investigadores a data do derrubamento, que se produciu de forma planificada. Tamén se sabe que se extraeron materiais que poderían ser usados noutras construcións, como as vigas, mais retirar os mosaicos tería sido un traballo demasiado difícil.
Francisco Arias, coordinador do xacemento, pensa que o feito tivo lugar no ano 96, cando o emperador Domiciano foi asasinado. Tras o crime, o edificio destinado a renderlle culto viuse afectado pola damnatio memoriae, polo que foi derruído. Explica que este proceso durou semanas e que nese período uns nenos accederon ao interior para roubar as teselas máis vistosas. Arias di que as teselas que se levaron foron catro: as do pelo da figura que representa o outono, as dun carcaj, as dun manto e as dun faisán.
O mosaico vítima do espolio xa se convertiu nun dos achados arqueolóxicos de Cástulo, onde a miúdo se descobren pezas de gran importancia histórica. Por exemplo, unha patena do século IV que ten a primeira representación de Cristo de todas cantas foron atopadas en España. No vidro transparente reprodúcese a figura de Xesús con dous apóstoles, San Pedro e San Pablo.
Marcelo Castro, director do centro arqueolóxico de Cástulo, afirma que o subsolo aínda esconde moitos outros restos históricos, como un circo romano que foi revelado grazas a unhas imaxes realizadas polo Instituto Xeográfico Nacional.
Fonte e imaxe | ABC