Post date: Apr 13, 2018 5:47:01 PM
Nos últimos días o temporal Enma deixou ao descuberto unha piscifactoría romana en Trafalgar ao mesmo nivel do mar. O recinto contiña unha piscina duns cen metros cadrados que foi empregada como viveiro de moitas especies valiosas da época.
Según conta o técnico de Cultura do Concello de Barbate, Antonio Aragón, gran parte da contrución se pode ver a simple vista. A parte máis chamativa está composta por sillares labrados en pedra arenisca de medio metro por medio metro, das cales hai quince.
O concello considera que este descubrimento añade un valor cultural ao pobo pesqueiro e pretende continuar coas escavacións para preservar o monumento e facelo visitable.
Fonte | ABCandalucía