Post date: 29-nov-2016 14:56:56
Un xacemento etrusco foi atopado nas excavacións da necrópole de Poggetto Mengarelli na cidade de Vulci, na provincia italiana de Viterbo.
O xacemento no que se honra a memoria dun destacado membro da aristocracia etrusca atopouse en condicións intactas tras haber pasado uns 2800 anos.
Os restos que se atopaban co defunto son extraordinarios: curta lanza de ferro con espiral de aneis de bronce no mango, algunhas pezas cerámicas e tamén uns recipientes de bronce con sustancias orgánicas no interior que puideron ser resultado dunha última cena.
Outros obxetos importantes foron un xarrón de bronce bicónico cunha bola de tapa coronada por un casco decorado con cresta nas que se atopan as cinzas do defunto, á súa vez, tamén se atopou un contenedor en bronce con decoración en relieve da cuberta, tal vez coas cinzas dun pariente cercano.
A forma complexa do cinerario bicónico é único nos descrubimentos do período e confirma o rito funerario de incineración que seguían os homes de Vulci e tamén nos ofrece coñecementos sobre a antiga civilización etrusca.
Fonte e imaxe/La Túnica de Neso