Finalizada a reconstrución da Casa dos Grifos

Post date: Mar 26, 2017 7:26:31 PM

O plan realizado entre xuño e decembro de 2016 para reconstruír a Casa dos Grifos na cidade romana de Complutum (en Alcalá de Henares) chegou ao seu fin con éxito. A proposta centrouse na conservación, restauración e exhibición dos restos desta domus, centrándose especialmente no triclinium e na sala de recepción aberta ao peristilo e ao xardín.

A Casa dos Grifos recibe o seu nome pola representación en pintura de dous grifos enfrentados que se encontra nunha das súas estancias. Calcúlase que a construción desta domus foi realizada arredor do ano 60 d.C. e posteriormente destruída case na súa totalidade por un incendio arredor do ano 215 d.C. A pesar disto, conservouse toda a superficie da vivenda e gran parte das pinturas murales que a decoraban.

Fonte e imaxe: Madridiario