Os arqueólogos estudan un templo etrusco usado para observar o ceo

Post date: Dec 4, 2017 5:50:18 PM

A relixión etrusca tivo unha gran influenza sobre a romana dende os primeiros momentos da historia da Urbe. Dado que a civilización etrusca se desenvolveu antesque a romana, os romanos sentiron fascinación por este pobo, sobre todo pola relixión.Debido á perda da tradición literaria etrusca só se pode reconstruir esta relixión por medio da arqueoloxía e algunhas inscricións de difícil lectura e interpretación. O achado en 2010 dun templo etrusco nas inmediacións da cidade de Florencia provocou moito entusiasmo. Aínda que o templo foi utilizado durante varios séculos, os especialistas lograron discernir as características das súas diversas fases, aportando numerosos datos deste tipo de recintos. Tras sete anos de escavacións, o equipo de arqueólogos publicou un completo estudo sobre as mesmas, con interesantes datos acerca da relixión dos etruscos.

Segundo o equipo dirixido polo doctor Luca Cappucini, este templo era un auguraculum. Probablemente, este templo estivera dedicado a Tinia, a divindade suprema etrusca equivalente ao Xúpiter romano. De feito, os augures romanos, posiblemente por herdanza dos etruscos, analizaban os ceos tormentosos para indagar a vontade de Xúpiter dependendo dos relámpagos.

No recinto no que se atopa o templo apareceu tamén un lituus de metal. Son moi poucos os exemplares que se preservan, polo que se converteu nunha xoia para os estudosos da relixión romana e etrusca.

Fonte e imaxe | La Stampa