Post date: May 9, 2018 1:41:39 PM
A cidade de Ostia Antica é un dos recintos arqueolóxicos máis interesantes de toda Italia.O último achado foi unha cabeza de muller de mármore de gran beleza e en bo estado de conservación. Limpiárona do barro que contiña e o equipo de arqueólogos, dirixido por Mariarosaria Barbera, concluíu que podería tratarse dunha representación da deusa Afrodita ou Venus no baño, seguindo un modelo grego que foi moi imitado dende tempos helenísticos. Esta cabeza sería unha copia romana en mármore de época imperial que imitaría un orixinal grego. Dentro do mesmo equipo, sen embargo, falouse da posibilidade de que non se trate da deusa Afrodita senón dunha das nove Musas, divindades menores inspiradoras das artes.A deusa Afrodita grega foi pronto asimilada á Venus dos romanos, e como tal recibiu culto dende tempos moi cercanos, considerando algunhas familias nobres, como os Xulios, que descendían en línea directa desta divindade.
Fonte e imaxe | Portalclásico