Post date: Jun 2, 2017 7:35:44 PM
A Garda Civil da rexión de Murcia, en colaboración co Servicio de Patrimonio Histórico da Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia, desenvolveu as operacións 'Charpentier' e 'Terreros' , que culminaron coa recuperación de aproximadamente 50.000 pezas de valor arqueolóxico e paleontolóxico en dous inmobles de Torre Pacheco e Murcia. O Servizo de Protección da Natureza (seprona) da Benemérita, iniciou as investigacións o pasado mes de marzo, cando se atopaban tras a pista dunha imaxe do Neno Xesús.
Tras examinar o inmoble, atoparon grandes cantidades de recipentes de vidro, así como miles de fragmentos cerámicos, na súa maioría pertencentes ás culturas ibérica e romana, tamén foron descubertas figuriñas de Terracota e unha ánfora denominada Lamboglia, que era moi empregada polos romanos para o transporte de viño pola vía marítima. Entre os fragmentos de orixe arqueolóxico foron atopados centos de restos óseos de orixe humana e animal, así como doceas de fósiles. Os obxetos metálicos que integraban a colección eran, entre outros, numerosas fíbulas e punzóns, sendo a peza máis representativa unha punta de lanza romana moi ben conservada.
A investigación posterior permitiu averiguar que o propietario dos obxetos, deixara a colección en mans do seu herdeiro, quen, supostamente, vendería as pezas entre as cales había máis de cen moedas ibéricas e romanas. Finalmente, estas pezas foron depositadas no Museo Arqueolóxico de Cartaxena.
Fonte | La opinión de Murcia