A Antiga Roma contada por William Kentridge

Post date: 24-abr-2016 21:39:07

Non é simple festexar a fundación de Roma, non falamos de décadas nin de centenarios, aquí festéxanse mais de 2.000 anos de historia, para ser mais precisos, 2.769 anos. Según narra a lenda, Rómulo fundou a cidade o 21 de abril do 753 a.C.Para homenaxear este importante aniversario, organizáronse moitos eventos culturais, en gran parte da cidade. Aperturas de museos gratuíta, desfiles, encontros na Roma antiga, teatro, música, cine. Pero o máis espectacular foi o que se presentou na noite do 21 sobre os muros de Travertino do Río Tevere, unha obra colosal do poliédrico artista sudafricano William Kentridge.

Triumphs and Laments é unha monumental instalación realizada sobre os grandes muros que cercan o Tevere, 550 metros con 80 figuras altas de ata 10 metros, que como máximo podrán perdurar algúns anos, entre tres e cinco. O mural, de feito, foi realizado mediante un procedemento de limpeza da pátina biolóxica, do smog y da suciedade acumulada sobre o mármore dos muros.

Fonte e imaxe | UnoSantaFe