As cidades romanas construíanse mediante un Trazado ortogonal (de ángulos rectos), tamén chamado hipodámico por mor do arquitecto grego Hipodamo de Mileto s.V.a C. De aquí resulta un Plano urbano ordenado en cuadrícula.
Chegou ós romanos dos gregos a través dos etruscos, como tantos outros aspectos relacionados co urbanismo. Recordemos aquí as grandes obras dos Tarquinios: cloaca máxima, templo de Xúpiter no Capitolio, etc.
Un perfecto exemplo do anterior podémolo ver na Cidade romana de Timgad, en Alxeria.
O máximo expoñente da arquitectura romana foi Vitrubio (80-15 a.C.), que no seu libro De Arquitectura (os dez libros de Arquitectura), estableceu os fundamentos desta disciplina.
Inspirada en teóricos helenísticos a obra trata sobre órdenes, materiais, técnicas decorativas, construción, tipos de edificios, hidráulica, colores, mecánica e gnomónica (todo o relacionado coa medida do arco do sol, reloxos de sol e cartografía). O último libro está dedicado ás máquinas: de tracción, elevadoras de auga e todo tipo de artefactos bélicos.
Tivo unha grande influenza na Idade Media e no Renacemento, sendo a súa obra unha referencia obrigada.
Aínda hoxe constitúe unha fonte documental insustituible polas informacións que aporta sobre a pintura e a escultura grega e romana. O famoso debuxo de Leonardo da Vinci, o Hombre de Vitruvio, sobre as proporcións do home, está basado nas indicacións dadas nesta obra.
O Ritual relixioso de fundación e inauguración dunha cidade seguía os costumes etruscos.
Uncíanse a un arado con rexa de bronce un boi e unha vaca, e trazábase un sulco profundo sobre unha liña previamente sinalada.
Esta liña marcaba o contorno das murallas, e levaba o nome de pomerium. Era un espacio sagrado e inviolable.
Onde se quería intercalar unha porta, levantábase o arado e deixábase un intervalo. Así considerábase sagrado todo o muro, a excepción das portas.
O foro era o centro neurálxico da urbe, situado na intersección do cardo maximus (liña de Norte a Sur) e o decumanus maximus (de Leste a Oeste)
Nun foro romano podemos atopar estes tipos de Edificios:
Curia: sede do senado
Basílicas: administración de xustiza.
Templos: adicados ao culto de diferentes deidades
Tabernae: comercios de todo tipo
Nunha cidade romana podemos atopar os seguintes edificios destinados ao ocio.
Teatro: representacións escénicas (traxedia, comedia, mimo, etc.)
Exemplos: teatro de Mérida
Anfiteatro: loitas de gladiadores, animais salvaxes, combates navais.
Exemplos: anfiteatro de Pompeia, Itálica (Sevilla), Segóbriga (Cuenca)
Circo: carreiras de carros
Ex: Tàrraco (Tarragona), Mérida, Jerash (Xordania)
Termas: baños (públicos ou privados)
Ex: Termas do Foro en Pompeia
Roma foi unha cidade monumental e cosmopolita, pero non conseguiu nunca unha planificación urbana coherente.
Sufriu sempre do problema da superpoboación e da vivenda, con case millón e medio de habitantes no século II d.C., sendo un claro precedente urbanístico do caos das grandes cidades modernas.
O seu crecemento descontrolado fixo que moitas das súas rúas fosen estreitas e mal iluminadas, e os bloques de vivendas construídos de présa e con malos materiais daban lugar a frecuentes e perigosos incendios.
No Período republicano (s. V - I a.C.) os gobernantes impulsaron planes de saneamento, suministro e mellora de comunicacións.
Na Época de Augusto (s. I a.C.- s. I d.C.) foron construídos gran cantidade de monumentos públicos, sendo xa Roma a indiscutible caput mundi.
Neste momento foi cando se concluíron os grandes plans urbanísticos iniciados na República por Sila, Pompeio e César.
O propio emperador enorgullecíase sempre da súa contribución ao urbanismo proclamando que el se atopara cunha Roma de madeira pero ía deixar unha Roma de mármore.
Todas as dinastías imperiais quixeron deixar constancia do seu paso polo poder (monumentum < moneo: "advertir, recordar"). Como proba disto temos os seguintes foros ou monumentos, que levan o nome do gobernante que os fixo posibles:
Foro de César
Foro de Augusto
Foro de Nerva
Foro de Traxano
Anfiteatro Flavio