Post date: Nov 28, 2016 9:34:10 PM
As pezas de mármore foron atopadas na Operación "Kairos" en setembro pola Garda Civil.
A Consellería de Cultura ten pensado levar a cabo o procedemento de declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) contando co conxunto de catro estatuas de mármore de época romana e coa súa orixe na vila de Cantos, Bullas. A data definitiva do inicio da declaración será publicada no Boletín Oficial da Rexión de Murcia.
As estatuas de máis de 2.000 anos de antigüidade, foron atopadas o pasado setembro grazas á Garda Civil e ós axentes de seprona dentro do Plan para a Defensa do Pratimonio Histórico Español. Actualmente, as pezas atópanse no Museo Arqueolóxico de Murcia. Son tres estatuas, ás que podemos añadir unha máis xa que, inda que teña paradeiro descoñecido, está incluída na declaración BIC.
Foron atopadas por primeira vez a principios do S. XX durante uns traballos de escavación inda que por esos entonces,
inda que entón descoñecíase onde se atopaban.O tema do neno coa mascota pertencente a épocas clásicas e helenísticas, en principio contén un tema funerario pero, tamén decorativo como neste caso xa que probablemente as esculturas fosen parte da decoración dunha fonte.
O obxetivo é que as esculturas estén igual de protexidas ó igual que a vila Roma dos Cantos considerada zona arqueolóxica. Grazas a estas esculturas podemos coñecer o arte da época romana na relixión e a súa boa conservación ábrenos as portas hacia o testimonio de vida dos que foron os seus poseedores e tamén saber como era o modelo social daquela época.
Fonte e imaxe/Lvdvs Chironis