Post date: Jan 18, 2015 2:06:45 PM
Nos asentamentos humanos durante toda a nosa historia sempre existe un espazo común e compartido. Estes lugares, aos que denominaremos prazas, poden identificarse de dúas formas diferentes.
Na primeira, o espazo fórmase por vontade do colectivo, como produto da necesidade dun lugar de encontro e relación para diferentes actividades cívicas (comerciais, políticas, festivas, etc.). En moitos destes casos, as prazas xeráronse a partir da reserva do solo consensuada, ocupando unha posición relativamente central e podendo estar acompañadas de edificios da comunidade (como un concello).
Na segunda , o espazo fórmase como un regalo do líder do grupo (político, relixioso, etc.) aos seus subordinados. Estas prazas solían vincularse á existencia de grandes edificios que recordaban á presenza do poder e a autoridade.
Vista xeral da ágora de Atenas. Imaxe da Wikipedia.
A Ágora de Atenas e os Foros romanos son na actualidade unhas ruinas que difícilmente logran transmitir o que foron no seu momento. Pero grazas ás investigacións arqueolóxicas e os numerosos escritos que os describiron, podemos intuir a súa antiga formalización. A súa orixe foi similar (primeiro necrópolis e despois mercado) pero a súa evolución “política” foi moi diferente. Posto que mentres a Ágora ateniense personificou o espazo cidadán, os Foros romanos encarnaron a representación do poder. Por esta razón, ágora e foro (aínda que os términos poidan utilizarse como sinónimos) convertéronse en arquetipos desas dúas formas de entender as prazas públicas.
Vista do Foro Romano dende o Capitolio. Imaxe da Wikipedia.
Máis informacion en Urban Networks