Post date: Mar 20, 2016 2:34:03 PM
As escavacións realizadas no sitio arqueolóxico de Cástulo, situado a uns cinco kilómetros de Linares (Jaén), mostran cada vez máis a súa cidade ibero romana ao público, e agora fano cun novo dipositivo, abrindo "unha fiestra ao pasado", grazas a realidade virtual.Nunha visita ao xacemento, a aplicación de realidade aumentada para dispositivos android "Cástulo Virtual" permite contemplar cun teléfono intelixente ou unha tableta as hipótesis arquitectónicas da sala do mosaico dos Amores, e do edificio público, localizado no centro da cidade de Paterna de Cristo en Majestad.
As dúas zonas intervidas no centro da cidade de Cástulo, documentaron a existencia de dous edificios públicos da época alto imperial, así como un edificio datado no século IV d.C. destinado ao uso relixioso, que reflicte o esplendor destas etapas.
Na área 1 localízase un edificio de aproximadamenre 1200 metros cadrados construído con sillares de grandes dimensións, do que se coñecía a súa cabeceira grazas as intervencións arqueolóxicas realizadas nos anos 80.
As últimas intervencións permitiron coñecer a fachada principal, cuns 30 metros de lonxitude, que conta cunha porta central con acceso mediante unha pequena escalinata e seis vaos que dan aceso a diferentes tabernae (locais comerciais abertos á rúa en cidades da antiga Roma).
Na área 2 atópanse dous edificios que destacaron tanto polo seu estado de conservación como pola súa singularidade, así, nun primeiro momento (século I d.C.) constrúense un edificio de máis de 700 metros cadrados que ía estar destinado ao culto do emperador Domiciano, asasinado no ano 96 d.C.
Trala ‘damnatio memoriae’ (condena ao olvido) aplicada a Domiciano, o edificio é derruído de forma intencionada antes da finalización da obra, sen que se volvera construír alí ata séculos despois, polo que se conservaron os seus restos de forma excepcional, permitindo coñecer gran parte dos detalles da sala do mosaico dos Amores.
Xunto a este edificio constrúense, no século IV d.C., un complexo arquitectónico asociado ao culto relixioso, no que se localizou a patena de Cristo en Majestad.
Ahora, mediante a aplicación “Cástulo Virtual“, é posible “abrir unha fiestra ao pasado” e contemplar estos tres fitos investigados.
Información e imaxe | La Vanguardia