Post date: 05-jun-2017 17:48:06
Durante unhas escavacións na liña de Metro C foi descuberta unha fortaleza militar do periodo do emperador Adriano que consta de 39 salas dispostas ao longo dun corredor. Os investigadores descubriron varios aloxamentos militares en torno ao campo de Marte. Con isto Roma aumenta o seu tesouro arqueolóxico. É un orgullo para eles este descubrimento pero temen que as obras se retrasen. Para calmar estos temores as autoridades adiantan que as obras de metro non se paralizarán e que integrarán esta fortaleza no espazo arquitectónico da estación tras a súa restauración. Fonte e imaxe ( Vista da fortaleza militar descuberta na estación) | ABC