Post date: 10-dic-2017 9:16:09
A policía de Jaén achou un denario romano falsificado fai case 2.000 anos nunha operación contra o espolio que está a acontecer en varios dos seus municipios. A Garda Civil expuxo os distintos obxectos confiscados, entre os que están a moeda falsa xunto a unha orixinal que se distingue pola súa forma irregular e tamaño inferior. Recuperáronse tamén moedas doutras épocas, por exemplo un decadracma do século V a.C.Os obxectos requisados están sendo analizados pola Universidade de Jaén para determinar a súa autenticidade. Manuel Molinos, director do instituto universitario en arquoloxía ibérica, explica que tanto as falsificacións como os espolios eran habituais fai máis de 20 séculos. Pon como exemplo o saqueo da tumba do Príncipe Íbero de Arjona, que tivo lugar pouco despois de ser enterrado.A operación concluíu con 6 detidos pero os axentes están convencidos de que hai máis persoas implicadas debido a gran magnitude do furto. Polo momento xa se incautaron 748 pezas entra as que están 4 láminas de chumbo, 3 delas íberas.
A maioría das pezas formarán parte do Museo Íbero de Jaén que incluirá elementos atopados en distintos xacementos arquolóxicos como o Touro de Porcuna ou o Guerreiro de dobre armadura. Manuel Molinos defende que se expoñan tamén os obxectos falsos coa finalidade de ensinar ao público o dano que producen as falsificacións á arqueoloxía.