Post date: 10-nov-2015 16:18:14
Grazas a un acordo firmado entre a Obra Social laCaixa e o Museo Louvre de París, poderemos disfrutar ata o 14 de Febreiro no Paso do Prado 178 pezas de arte procedentes do extinto Imperio Romano onde se mostra unha mirada máis íntima da muller en Roma. A xoia da coroa desta exposición son 30 relieves de terracota chamadas "placas campana". Estos relieves mostran a idealización da muller, calificadas como musas. O papel de muller na vida pública era moi limitado e so podían exercer a influenza a través dos seus maridos, en cambio na vida íntima como nais e esposas foron moi destacadas, superando en importancia a mulleres doutras civilización máis antigas. Esta exposición é unha clara mostra disto.
Fonte e imaxe | El Mundo