O museo Arqueolóxico Nacional expoñerá a "aguia bicéfala" romana do MARQ

Post date: Sep 29, 2017 3:30:14 PM

A man de bronce romana que empuña unha espada cunha aguia de dúas cabezas, achada no ano 2015 no xacemento de Lucentum (antigo Alicante), será exposta no Museo Arqueolóxico Nacional, en Madrid, polos seus 150 anos de historia.

Esta peza é única n

o mundo porque trátase da única aguia bicéfala achada da época romana, data do siglo I d. C. e é a única parte conservada da estatua erixida a un emperador. O marabilloso tesouro xa foi exposto noutros prestixiosos museos, coma o museo de Hermitage de San Petesburgo (Rusia) ou no Drents Museum de Assen (Holanda).

A súa aparición supuxo unha auténtica revolución, xa que hai numerosos exemplos na cultura romana de aguias de unha cabeza, pero nunca de dúas. Ao principio creou tanto furor, que mesmo se dubidaba da súa autenticidade.

A peza encontrouse a un metro de profundidade do Foro, e polos restos do seu estrato pénsase que fora colocada sobre unha porta como elemento de protección e maxia.

Fonte e imaxe | Arqueología romana en Hispania