Post date: Jan 20, 2015 7:23:36 PM
A investigadora do Politécnico de Turín, Amelia Carolina Sparavigna, nun estudo publicado na revista Philica, afirma que os romanos planearon a construción do forte de maneira que no solsticio de verán o sol se alineara coas portas do noreste e suroeste, reflectindo a luz ás outras dúas. No inverno, a acción repetiríase, pero esta vez iluminando as do sureste e noroeste.
Ademais, a fortaleza conta con catro torres que parecen coincidir cos catro puntos cardinales.
A estrutura foi construída durante o reinado do emperador Adriano, que gobernou desde o ano 117 a 138 D.C. e forma parte dunha serie de fortificacións que protexían a fronteira romana. O deseño é tan preciso que os investigadores teñen que usar un software para calcular os ángulos nos que o Sol do solsticio sae se colóca sobre o forte. Os enxeñeiros romanos decidiron a ubicación e adaptaron o seu deseño para captar este fenómeno á perfección sen este tipo de ferramentas.
Sparavigna nota que non é a única construción romana alineada coa luz do Sol. Por exemplo, no norte de África existe outra estrutura que coincide coa dirección da saída do Sol no aniversario do emperador romano Traxano. Ademais, este tipo de deseño era común nos campos militares. E tamén se utilizaba para a construción en lugares conquistados. O máis probable é que, deste xeito, os romanos fixesen homenaxe aos deuses do ceo e do Sol.
Fonte: Fox News