Novidades na visita polo León Romano

Post date: May 12, 2017 3:05:15 PM

O concello de León impulsou un novo plan e realizou unha ampliación horaria para as visitas guiadas polo León Romano, xunto con entradas gratis para as termas da catedral. Esta iniciativa pretende atraer a turistas á cidade leonesa dende o 10 de abril, grazas ás promocións de Semana Santa. As visitas guiadas polo León Romano e á cripta arqueolóxica de Porta Obispo, que foron reanudadas recentemente, prolongaranse ata o 15 de outubro. O horario especial de Semana Santa non se manterá, pero si a iniciativa, debido ao seu éxito.O recorrido durou dende as 11 ata as 17 horas, saíndo dende a Casona de Porta Castillo. A visita inclúe o Centro de Interpretación do León Romano (exposición permanente e muralla anexa), as dúas criptas arqueolóxicas da rúa Cascalería (anfiteatro romano), a cripta arqueolóxica de Porta Obispo e o depósito romano próximo ao aparcamento de San Pedro. As visitas guiadas continuarán tendo unha duración de dúas horas e son gratuítas.

Fonte e Imaxe I iLeón.com