Os xoguetes romanos chegan a Mérida

Post date: 04-jun-2017 16:53:04

O Museo Nacional de Arte Romano de Mérida inagurou fai unhas semanas unha exposición titulada "Xogos e Xoguetes de Augusta Emérita", na cal os visitantes poderán contemplar numerosos obxectos relacionados coas actividades lúdicas da época romana. 

Nesta exposición non só hai xoguetes de nenos, tamén hai unha ampla representación das actividades lúdicas realizadas polos adultos romanos. O xogo máis popular entre os adultos eran os dados; na exposición hai moitos exemplares e entre eles destaca un dado trucado, proba de que as trampas son tan antigas coma os propios xogos.

Fonte e imaxe | 20minutos