Post date: 28-abr-2016 14:07:39
Unhas máquinas atoparon en Tomares, un pobo de Sevilla, 19 ánforas romanas que conteñen uns 600 kg de moedas de bronce do século IV a.C.Estas moedas tiñan no anverso a figura dun emperador, e pola outra parte, diferentes alegorías romanas, como a abundancia. Estas moedas, probablemente feitas en Oriente, nunca circularon, e, polo tanto, non teñen desgaste. As ánforas nas que se atoparon as moedas non eran as usadas para o transporte de viño ou gran, senón que eran máis pequenas, e estaban acumuladas nun receptáculo. Os investigadores pensan que estas moedas estaban destinadas ao pago de impostos e das levas do do Exército.Os arqueólogos que traballaron na zona consideran este descubrimento único en España, e quizais tamén no mundo. As moedas actualmente encóntranse no Museo Arqueolóxico de Sevilla.Fonte: ABC