Post date: Dec 13, 2014 2:36:53 PM
Marco Tulio Cicerón foi un gran político na época da República Romana e un brillante orador. Con todo como en tempos actuais había
grandes enfrontamentos dialécticos tamén no Senado.
Nun destes enfrontamentos o cónsul Metelo Nepote, enfrontado a Cicerón, díxolle: "Despois de todo, quen é o teu pai?".
Con esta despectiva pregunta facía unha clara insinuación pública a que a súa familia non era nobre como a súa, xa que
Cicerón proviña de familia plebeia, cuxo pai era unha persoa culta pero apartado da política.
Ante esta insinuación, que ao parecer foi recurrente na sesión, a resposta foi máis que contundente, como non podía ser menos
dun dos máis importantes retóricos de toda a República:
«Despois de todo, quen é o teu pai?» Metelo Nepote
«A túa nai fixo que esa pregunta sexa difícil de contestar para ti» Marco Tulio Cicerón