Atopados restos dun arco en honor a Tito

Post date: 30-may-2015 19:28:27

Un grupo de arqueólogos do concello de Roma descubriu os restos do gran arco construído en honor do emperador Tito nos arredores do Circo Máximo da cidade e desaparecido co paso dos séculos. Os arqueólogos da superintendencia capitolina foron quen comunicaron este descubrimento o 28 de Maio. Tamén sinalaron que o descubrimento sepultarase novamente en poucos días para evitar danos nas pezas atopadas e mentres reuniranse recursos para eliminar as infiltracións do auga e para proceder a reconstrución das ruínas.Aínda que as investigacións e a reconstrución virtual do monumento están aínda en curso e que o que se atopou foron soamente algúns grandes fragmentos arquitectónicos de mármore pertencentes a parte superior do arco, pódese afirmar que se dedicou ao emperador Tito no ano da súa morte, o 81 d.C, para conmemorar a súa vitoria ante os xudeus e a destrución de Xerusalén. O arco atopábase situado no centro do hemiciclo do Circo Máximo, entre os outeiros do Palatino e do Aventino.Os arqueólogos consideran que a finais do século VIII o arco debía estar aínda en pé dado que hai documentos da época que transcriben as inscricións do seu ático.

Na actualidade, Roma aínda conserva un arco dedicado a Tito situado nos foros romanos, ao pé do outeiro do Palatino e de fronte ao Anfiteatro Flavio ou Coliseo.

Fonte: EFE | LA VANGUARDIA      Imaxe do Twitter de Giovanna Marinelli