Post date: 08-dic-2015 13:04:58
O anfiteatro de Cartaxena foi dende sempre un dos edificios máis importantes da cidade. Construído na dinastía Flavia, usouse ata a chegada do Cristianismo, pero sábese, por documentos da época, que o tetro estivo ao descuberto durante a Idade Media. Finalmente, no século XIX, aproveitando o graderío, construíse unha praza de touros, que aínda se atopa sobre as ruinas do edificio romano.
Por mor disto, a súa excavación sempre foi unha cuestión polémica, pero o concello de Cartaxena decidiuse a rescatar este importante monumento. A apertura deste anfiteatro romano suporía un aumento considerable de turistas, como xa pasara en outra ocasión cando abrira o teatro romano. Está previsto que a primeira fase de excavacións dure 3 meses, aproximadamente.
Fonte | La Opinión de Murcia