Post date: Feb 23, 2015 6:00:06 PM
En roma, creouse un percorrido multimedia, para que os visitantes poidan ver as domus romanas dos patricios que están soterradas baixo a cidade. A visita sitúase nos sótanos do palacio Valentini preto da plaza "Venecia" e que actualmente é a sede da provincia de roma e da delegación do goberno de Italia.
Mentres estaban restaurando o edificio en 2004 descubríronse unhas vilas datadas de entre os século II e IV d.C, sobre as cales se fai actualmente a visita, que dura unha hora e media e conta cun guía de luz e de audio. O final da visita lévase aos visitantes a unha sala de cine onde se lles mostra o relevo da columna de Traxano.
Imaxe| palazzovalentini Información| Lavanguardia