Outeiro refuxio dos plebeos durante a guerra social.
Completadas polo emperador Caracalla no 217 d.C. estas termas funcionaron durante uns 300 anos ata que os godos destruíron o seu sistema de cañerías. Tiñan capacidade para máis de 1.600 personas. Empezábase cunha especie de baño turco, seguido dunha sesión de caldarium (auga quente), outra no tepidarium (tépeda) e despois no frigidarium (auga fría). Para o final un chapuzón na natatio, unha piscina ó aire libre. Tiña ximnasios, bibliotecas, galerías de arte e xardíns. Dúas representacións de atletas do famoso mosaico policromo do chan das exedras laterais das termas de Caracalla. Era este un lugar tradicional para a práctica ximnástica, competicións que gozaban de gran popularidade.
O Circo Maximo de Roma, construído entre os montes Aventino e Palatino, foi utilizado deica a conquista da cidade en mans dos bárbaros. Nel celebrábanse distintas actividades como carreiras, representacións teatrais, etc. Os primeiros xogos romanos (Ludi Romani) organizados no Circo foron os dirixidos por Lucio Tarquinio. Máis tarde varios gobernantes romanos modificaron o edificio ao seu antollo para ampliar a capacidade e facer dos espectáculos acontecementos a grande escala (a reforma máis importante foi a de Xulio César). Cabe destacar entre as actividades organizadas a carreira de carros. Tralo abandono do Circo as instalacións foron usadas como canteira e na actualidade case non se conserva nada das antigas instalacións, salvo a pista, cuberta hoxe en día por herba.
Circo Máximo, autor Álvaro Pérez Vilariño
Neste outeiro, o máis grande de Roma, producíase un contraste moi acusado. No lado oriental situábanse luxosas villas de ricos cidadáns como Mecenas, amigo e man dereita do emperador Augusto. Destaca o seu auditorio privado e os seus famosos xardíns, horti Maecenati, onde foi atopado un mosaico chamado de “Orestes e Ifixenia”
Como contraste, no lado occidental, atopábase a Suburra, o barrio “chinés” de Roma, un lugar moi pouco recomendable, sucio, perigoso e frecuentado por todo tipo de maleantes, prostitutas, ladróns, bandidos.
O emperador Augusto aparece caracterizado como máximo sacerdote, Pontifex Maximus, co veo que os distinguía. A obra data do ano 12 a.C., cando o emperador asume os poderes do Pontifex Maximus. Feita en mármore.
Foi atopada en 1885 nas ruinas das termas de Constantino. Peza de gran realismo, coa cara chea de marcas dos golpes. Peza de bronce. Os ollos desapareceron. A obra parece ser do século IV a.C.
A fronte deste sarcófaco mostra unha escena de batalla na que expresa a dor e o sufrimento ao que se expoñen os pobos bárbaros que se opoñen ao poder de Roma. Na parte superior aparecen escenas da vida do defunto, identificado como Aulo Iulio Pompilio, oficial de Marco Aurelio na guerra contra os marcomanos (172-175 d.C.)
Residencia oficial do presidente da República italiana. Na praza ten lugar a cerimonia do cambio de garda.
Monumento emblemático da cidade.