Post date: Apr 29, 2015 6:16:54 PM
O Foro de Traxano, considerado como unha das marabillas do mundo polos romanos, volverá a súa antiga grandeza. O proxecto da Superintendencia Capitolina para o Foro de Traxano, construído entre o 105 e 112 d. C. co botín de guerra obtido coa conquista da Dacia, prevé dúas fases. Na primeira restableceranse as catro columnas de granito gris exipcio entre outras cousas, despois dos resultados co escáner láser dos fragmentos conservados en Roma e Mónaco de Baviera, ademáis tratarase de utilizar sempre materiais como os que usaban os romanos. Para devolver o esplendor á obra levarase a cabo a restauración do dobre orde de columnas da nave central da Basílica Ulpia, o maior edificio civil da antiga Roma. A reestructuración será financiada con 1'5 millóns de euros aportados polo magnate uzbeko Alisher Usmanov."É un proxecto moi ambicioso, porque por primeira vez estase traballando cunha restauración tan complexa, sobre todo desde o punto de vista das normas e requisitos sísmicos", di o Superintendente do Capitolio, Claudio Parisi Presicce. "O primeiro paso será a proba dos cimentos das columnas. Con todo, para asegurar un selado estático, dada a altura total, tamén terá que reconstruír o corredor, completando o entablamento en ambas filas de columnas."
Esta intervención dará ao público unha idea de cómo era completa a gran Basílica Ulpia fai case dous mil anos.
Imaxe e Fonte: La Repubblica