Post date: 25-may-2017 23:35:01
Na cidade ibero-romana de Torreparedones acháronse as segundas termas da colonia, construídas a finais do século I d.C. Nestas atopouse unha particularidade, na sala quente ou caldarium localizábanse as taquillas de vestuario, cando o normal e que estas estiveran nunha habitación xunto a entrada.
O frío inverno en Ituci Virtus Iulia fixo que os romanos optaran por un sistema de calefacción chamado hypocaustum, o que para nos sería chan radiante. Este sistema inventouno Caio Serxio Orata e expandiuse por todo o imperio. O sistema está totalmente escavado na parte oriental das termas. José Antonio Morena, o arqueólogo municipal, explicaba que o hypocaustum valía para quentar unha estancia mediante uns fornos que estaban noutra habitación, ao exterior, pero conectada polo caldarium por uns condutos por onde circulaba o aire quente.
A instalación deste sistema consistía en que o pavimento da estancia era de opus sectile, formando pezas romboidales de caliza e triangulares de mármore, que se sustentaba sobre ladrillos e estes sobre pilae, pequenas columnas de ladrillo. Co fin de acadar mais temperatura, entre os ladrillos e o pavimento, situóuse unha placa de chumbo por toda a superficie.
Para Ángel Ventura, profesor da Universidade de Córdoba, as termas de Torreparedones son as mellor conservadas de Andalucía e quizais de España. Califícaas como unha xoia do parque arqueolóxico dado ó seu extraordinario estado de conservación.
Fonte e Imaxe| ABC Andalucía