Post date: Oct 3, 2017 7:06:42 PM
Un grupo de seis arqueólogos da Universidade de Huelva dirixidos polo profesor da Onubense Javier Bermejo, a arqueóloga municipal Nieves Medina e un grupo de traballadores contratados polo concello de Aroche, comezan a atopar bos resultados tras unha semana de escavacións nesta cidade romana, a única visitable, contando agora co alecente de coñecer o desenvolvemento das actividades arqueolóxicas. Os obxectivos principais de esta escavación son poder desenterrar a primeira planta dunha antigua domus romana, unha casa de máis de 1.000 metros cadrados e o único edificio achado nesta cidade deste estilo, no cal xa se atoparon certos obxectos arqueolóxicos.
Nesta escavación está tendo moita importancia e axuda as prospecións xeofísicas que axudan a delimitar o espazo de terreo que ocupará cada parte da casa e os seus muros que a rodean, aínda que haberá que esperar unhas semanas máis para confirmar que as estimacións do xeorradar eran certas.
Outra parte do equipo de escavadores xa traballan noutro sector do xacemento onde xa delimitaron un recinto funerario que comezarán a escavar no seu interior nas próximas semanas. Con este proxecto tratarán de completar os sondeos da muralla, documentada xa en varios sectores deste xacemento ubicados nos Llanos de la Belleza, xunto a ribeira do Chanza, que fan delimitación natural da cidade nos sectores Este e Norte.
Fonte e imaxe : HuelvaInformación