Post date: Dec 13, 2014 6:12:43 PM
As Saturnalia eran unhas importantes festas da época romana, posiblemente se remonten á época etrusca. Chegáronse a denominar "festas dos escravos", xa que nelas os escravos recibían racións extras, tempo libre e algunhas outras cousas; eran a Navidade e o Carnaval a un mesmo tempo. O cristianismo tivo fortes problemas para acabar con esta festa pagana, intentando substituíla. Aquí algúns exemplos de qué se facía en Navidade no Imperio Romano:
As Saturnalia comenzaban no 17 de decembro, uns días antes do solsticio de inverno, cando os días son máis curtos. Era esencialmente un festival pagano para traer de volta ao sol. E algúns romanos celebraban o nacemento dun deus nese momento, un deus da luz chamado Mitra.
Os romanos decoraban as súas casas con vexetación, é de aquí de onde ven a costume das guirnaldas de Navidade e o muérdago. Os romanos tamén decoraban as súas casas con luces adicionais neste momento máis oscuro do ano. De novo, esto foi un intento de traer de volta o sol. Linternas, cirios, candelabros e lámpadas de aceite parpadearon polas casas dos ricos.
Durante os cinco días das Saturnalia, os escravos non tiñan que traballar e os nenos non tiñan que ir á escola.
Persoas xogando aos dados. Imaxe da Wikipedia.
No primeiro século en Roma, os xogos de azar eran ilegais ... agás en Saturnalia. Durante eses días, calquera podía xogar: os nenos e os escravos incluídos.
Na primeira noite do festival nalgunhas familias, o pater familias tiraba uns dados para determinar quen no fogar sería o rei das Saturnalia. O "rei" podería mandar aos demáis facer cousas, por exemplo, preparar un banquete, cantar unha canción...
Máis información no blog Flavias.