GALEGO

VERSIÓNS MÚLTIPLES

________________________________________________

___________________________________________________

VM - VERSIÓNS MÚLTIPLES DESDE O CORAZÓN DE EUROPA

__________________________________________

COMO PRINCIPIOU TODO…

A idea xurdiu precisamente no corazón de Europa, durante o coloquio sobre LINGUA, LITERATURA E NACIÓN que o Pen Club Húngaro celebraba en Budapest o outono de 2012, e que cadraba -feliz sintonía!- cos 90 anos do Pen Catalán, o mesmo ano do Manifesto de Girona sobre os Dereitos Lingüísticos.

Esta web, que lle dá o relevo ao primeiro blog creado en decembro de 2012, constitúe unha fiestra aos froitos insospeitados daquel intercambio: as versións na vintenai de linguas dun grupo de letraferidos por toda a parte, movidos por este órgano redondeado do tamaño dun puño a quen, os científicos comezan a estar de acordo, deberiamos confiar as grandes decisións das nosas vidas.

Paradoxalmente, para entender os textos e poder anosalos, a miúdo tivemos que acudir -como lamentaba Telesforo Monzón a Lluís Companys- ás linguas “dos que non nos entenden”. (Aproveitamos aquí para homenaxear ao historiador e poeta Félix Cucurull, que é quen nos deixou constancia escrita). Mais todo é para ben, e ademais, faise xustiza poética...

Iniciamos a roda cun inspirador poema de Menna Elfyn da exquisita escolma bilingüe: Perffaith Nam / Perfect Blemish (2007). Referímonos a “Ensinar inglés á musa de Dylan Thomas”. O título non pode ser máis elocuente: unha excelente lección para as musas máis indómitas

DESFRÚTAASL

!

Tradución: Marica Campo

i alemán, inglés, aragonés, euskera, bretón, catalán, corso, croata, español, francés, galés, galego, gaélico irlandés, grego, húngaro, italiano, luxemburgués, occitano, polonés, rumano, romanche, ruso, sorabo, sueco, turco, checo, ucraíno.