Grecia continental

Grecia setentrional

Consta das seguintes rexións:  Epiro, Macedonia e Tesalia.


Mapa da Grecia Setentrional. Fonte | wikipedia

Epiro

Ήπειρος 

Era na Antiguïdade unha rexión poboada por diversas tribos gregas pola que se extende a Cordilleira do Pidno

Foi a patria da Olimpia, nai de Alexandre Magno e esposa de Filipo II de Macedonia.

O seu máximo esplendor tívoo a finais do século IV a.C e comezos do século III a.C co rei Pirro, considerado un dos mellores xenerais da súa época, e un dos grandes rivais da República romana durante a súa expansión. Para saber máis do rei Pirro e en qué consiste unha "victoria pírrica" pica aquí.

A súa principal cidade era Dodona, famosa polo seu oráculo, que foi o máis célebre da Antigüidade despois do Oráculo de Delfos. Este santuario estaba consagrado ó deus Zeus, representado cun raio na man e coa presenza da aguia. 

Periferia Ipirou.png
Rexión do Epiro. Fonte | wikipedia 
Teatro de Dodona. Fonte |  Imaxe de Becante en Flickr
Olimpia de Epiro. Fonte | Wikipedia 

Macedonia

Μακεδονία

Era unha rexión poboada por un pobo afín ó grego, pero con rasgos bárbaros. A súa capital era Pella

Macedonia é a antiga patria de Filipo II, Alexandre Magno e Aristóteles, e o corazón do antigo imperio helenístico. 

Alexandre foi o rei de Macedonia dende o 336 a.C. ata a súa morte non 323 a.C. Tras someter aos pobos veciños lanzou o seu exército contra os persas e, tras derrotalos,  construíu un imperio propio cuxas fronteiras chegaron ata a India.

En Macedonia encóntrase o Monte Athos, unha área montañosa ao norte de Grecia que ten vinte monasterios ortodoxos que conforman un territorio autónomo baixo soberanía grega. Nesta zona están exentos do cumprimento  de certas leis. O exemplo máis claro é a prohibición da entrada ás mulleres.

Imaxe de Macedonia. Fonte | wikipedia
Monte Athos, prohibido mulleres! Fonte | YouTube
Alexandre, rei de Macedonia 
Fonte | Wikipedia 
Estrela arxéada. Fonte | Museoasorey 

Tesalia

Θεσσαλία 

As Termópilas, ao sur no límite coa rexión da Fócide, eran o paso da montaña ou desfiladeiro que unían Tesalia coa Grecia central. Era o traxecto ineludible entre o norte e o sur de Grecia. O seu nome quere decir: “augas quentes”, debido ós seus numerosos manantiais naturais de augas termais. Outra posible traducción sería “portos quentes”. 

Segundo o mito, as augas quentes das Termópilas quentáronse cando Heracles se sumerxeu nelas mentres morría abrasado. 

No Norte está o monte Olimpo, o mais alto de Grecia (2.911 m), onde se situaba a morada dos deuses, presididos por Zeus.

Ao sureste, sobre o golfo de Volos, atópase o monte Pelión (Πήλιον), que forma unha península. Aquí foi onde o centauro Quirón educou a Aquiles, Teseo e outros.

Mapa da Tesalia clásica. Fonte | wikipedia 
Imaxe do Monte Olimpo na rexión de Tesalia. Morada dos deuses olímpicos. Fonte | wikipedia

Imaxe da localización do Monte Pelión 

A Educación de Aquiles por Quirón, fresco de Herculano, século I (Museo Archeolóxico Nacional, Nápoles).

Batalla das Termópilas

Na segunda Guerra Médica tivo lugar a Batalla das Termópilas, unha confrontación na que se enfrontaron o Imperio persa de Xerxes I e unha alianza de polis gregas lideradas por Esparta. A batalla durou tres días e desenvolveuse no paso das Termópilas no ano 480 a.C.

Hoxe en día unha estatua recorda esta xesta. Leónidas aguanta estoicamente o sol coa lanza en ristre apuntando cara a montaña, a mirada ensombrecida baixo o helmo de alta cresta. No pedestal, a lacónica inscripción "Μολὼν λαβέ" ("ven a collelas"), a lendaria resposta que deu ao emisario de Xerxes que lle esixía entregar as armas -e hoxe lema do Exército grego-. Se queres saber máis deste lugar, le este artigo.

Grecia, 300, Estatua, Escultura, De Viaje, Sparta
Monumento actual que recorda á batalla das Termópilas. Fonte | Pixabay

Grecia central

Consta das seguintes rexións: Etolia e Acarnania, Dóride, Fócide, Beocia e Ática.

Sterea Ellada in Greece.svg
Mapa da Grecia Central. Fonte | wikipedia

Etolia e Acarnania

Αἰτωλία και Ἀκαρνανία

Son unha serie de comarcas montañosas e de costas escarpadas. En Etolia os ríos son máis caudalosos e longos; o máis importante é o Aqueloo que é un río da vertente do mar Xónico. Na Idade Antiga formaba a fronteira entre Acarnania e Etolia e o seu espíritu era reverenciado polos gregos como o deus-río Aqueloo. Heracles tivo que enfrontarse con el para conseguir o dereito a casar con Deianira. Aqueloo transformouse sucesivamente primeiro en serpe, que escapou reptando cando Heracles xa o tiña no chan, e logo en touro, e foi nesta aparencia cando Heracles puido vencelo, colléndoo polos cornos e derribándoo no chan, á vez que lle arrincaba un corno. Aqueloo rendiuse e renunciou a Deianira, e pediulle a Heracles que lle devolvera o corno, cousa que este fixo [5] a cambio do corno da cabra Amaltea, capaz de producir tódolos bens que se desexen.

Os etolios fundaron unha liga unida nos primeiros tiempos, e pronto converteuse nunha poderosa confederación militar, orixinalmente organizada durante o reinado de Filipo II polas cidades de Etolia para o seu mutuo beneficio e protección, e chegou a ser un formidable rival dos monarcas macedonios e da Liga Aquea. A Liga era unha das institucións políticas máis efectivas que se produciu na súa época.

Heracles loitando con Aqueloo pola man de Deianira Fonte | wikipedia
Mapa de Etolia e Acarnania. Fonte | wikipedia
Heracles loita contra AquelooFonte | wikipedia

Dóride

ἡ Δωρίς

Esta rexión esténdese polo Sur de Tesalia e é considerada o berce dos dorios. Limita con Etolia e Fócide. Atópase entre os montes Eta e Parnaso e forma parte do val do río Pindo.

O apelativo dorio, según a mitoloxía, provén do nome Doro, que fai alusión a un fillo de Helén (á súa vez fillo de Deucalión e Pirra). En base a unha interpretación tradicional, Doro estableceuse nun lugar denominado, á súa vez, Doris.

Aquí está situada a cidade de Megara, xunto con Sición, Fliunte e outras. Os dorios tamén fundaron varias colonias en Creta (Thera ou Rodas, entre outras) e en Sicilia (Siracusa, Xela, Megara Hiblea e Mesina).

A rexión rendiuse ao rei persa Xerxes I durante a súa conquista de Grecia, e os seus pobos foron perdoados. Foron axudados polos habitantes de Lacedemonia cando foron atacados por pobos máis poderosos.

Mapa de Dóride. Fonte | wikipedia

Fócide

Φωκίς 

Está dividida en dúas partes polo macizo montañoso do Parnaso e situada ao norte do golfo de Corinto

No monte Parnaso encóntrase a morada das Musas e o santuario panhelénico de Delfos, sede do Oráculo de Apolo

Apolo era a autoridade divina á que todos se dirixían para organizar a súa vida.

Mapa de Fócide. Fonte | wikipedia
Esquerda: Apolo e as musas no Parnaso, por Claude Lorraine (1680). Fonte | wikipedia

Teatro de Delfos. Imaxe de Dives Gallaecia en Flickr

Tholos no Santuario de Atenea Pronaia en Delfos.
Imaxe de Dives Gallaecia en Flickr

O templo de Apolo en Delfos. Imaxe de Dives Gallaecia en Flickr

Delfos co monte Parnaso ao fondo. Imaxe de Dives Gallaecia en Flickr

Edificio do tesouro dos atenienses no santuario de Delfos. Imaxe de Dives Gallaecia en Flickr
Estadio de Delfos. Imaxe de Dives Gallaecia en Flickr

O santuario de Delfos

En Delfos, lugar que os gregos consideraban o embigo da terra (e polo tanto o seu centro), existía un templo do deus Apolo dende o século VII a.C., e xa dende entón o lugar convertiuse nun centro de peregrinaxe.

O habitual era que as cidades ou polis enviasen delegacións sagradas (theoría), que debían transmitir ao oráculo preguntas sobre os asuntos públicos, aínda que tamén podían acompañalos consultantes privados, que aproveitaban a seguridade que proporcionaban tales embaixadas, xa que as viaxes eran longas e perigosas.

A función do oráculo non era predecir o futuro, senón proveer de sanción divina ás decisións políticas das cidades (ratificaba leis e mesmo constitucións, aprobaba a construción de novas cidades e colonias, aconsellaba emprender guerras ou o contrario, etc.), e aínda que Delfos non interviña directamente na política das cidades, os seus oráculos podían ser usados como arma política en caso necesario.

Cando os peregrinos chegaban ás inmediacións do monte Parnaso, eran recibidos polo próxenos, o embaixador que cada polis tiña no santuario. As colas para entrar eran constantes, aínda que algunhas cidades como Atenas e Esparta tiñan o privilexio da promanteia (prioridade na consulta), tanto para asuntos oficiais como privados.

O primeiro que atopaban os viaxeiros era a zona de Marmaria (polo mármores dos edificios), onde se alzaba o templo de Atenea Pronaia. Logo pasaban pola fonte Castalia e purificábanse nas súas frías e puras augas. De seguido entraban en procesión pola Via Sacra, xa no interior do santuario. Esta calzada, que ascendía unha pronunciada pendente, estaba flanqueada polos "Tesouros" das cidades máis importantes (Sición, Sifnos, Cnidio, Tebas, Atenas, Corinto...). Eran pequenos templos onde se conservaban os exvotos e donacións que os cidadáns dunha polis entregaban ao santuario. De seguido chegábase ao templo de Apolo, e máis arriba estaba o teatro e o estadio, que albergaban os "Xogos Píticos", en honor de Apolo, e incluían competicións atléticas e celebracións relixiosas.

Frente ó templo estaba o altar para os sacrificios. As consultas ó oráculo “pagábanse” en forma de sacrificio ou de pastel (o propio templo vendía os animais e as tartas). No interior do templo encontrábase a sacerdotisa pitia, por cuxa boca falaba Apolo.  O santuario gardaba un arquivo dos consultantes, preguntas e respostas, así como a lista de vencedores nos xogos.

Segundo a tradición no templo había unha cámara subterránea, o adyton, a onde baixaba a pitia. Alí masticaba loureiro, bebía auga da fonte Casotis e sentábase nun grande trípode situado sobre unha greta natural do chan da que saían vapores, e inhalando estes, a sacerdotisa entraba en trance. Cando entraba neste estado dicía palabras incomprensibles que os sacerdotes escoitaban, escribían e logo entregaban ao consultante.

Pero varios historiadores gregos poñen en dúbida esta versión, como Plutarco, que viviu entre os séculos I e II, e foi sacerdote de Apolo en Delfos ademais de historiador. El conta que o adyton estaba aberto aos consultantes e non di nada do trance da pitia. Herodoto, historiador grego do século V a.C. conta que cando o espartano Licurgo acudiu a Delfos, a sacerdotisa, sen esperar á pregunta, dictoulle a constitución espartana. 

Despois da consulta, o peregrino regresaba ao chresmographeion, onde os prophetai entregábanlle por escrito un informe oficial e a resposta do oráculo interpretada e formulada solemnemente, a miúdo en verso. Tras isto emprendía a viaxe de regreso a casa.

O prestixio de Delfos comezou o seu declive tras a morte de Alexandre, en 323 a.C. En 391 d.C., o emperador romano Teodosio decretou o peche de todos os oráculos e a prohibición da adiviñación de calquera tipo. O cristianismo silenciará a voz dos antigos deuses.


Fonte | National Geographic
Reconstrución do santuario de Apolo en Delfos, según Albert Tournaire. Podemos apreciar o ascenso da Via Sacra, flanqueada polos edificios dos "Tesouros". No centro destaca o gran templo de Apolo, e máis arriba o teatro.Museo Arqueolóxico de Delfos. (Fócida, Grecia)Fonte | Wikipedia 

Beocia

Βοιωτία 

Beocia contou cunha liga de cidades unidas entre sí, a modo de confederación militar, xa dende tempos de Filipo II.

É a rexión máis fértil cos montes Helicón e Citerón. A súa capital é Tebas (escenario de traxedias), situada ao norte deste último monte. Supón a fronteira entre Beocia e Ática

A tradición di que foi fundada por Cadmo, fillo de Agénor, rei de Fenicia.

Mapa de Beocia. Fonte | wikipedia

Personaxes da traxedia tebana: Tiresias e Edipo

Cadro: Edipo y la Esfinge  (1864). Autor: Gustave Moreau. Fonte | wikipedia

Ática

Αττικής

Situada ao sur de Beocia é unha zona moi pedregosa. A súa capital é Atenas, cidade onde se alcanzaron as máis altas cotas artísticas e literarias. A súa historia esténdese a máis de 3.000 anos, o que a converte nunha das cidades habitadas máis antigas. 

Outra cidade destacada é Eleusis, centro relixioso onde tiñan lugar os chamados misterios eleusinos en honor a Deméter e Perséfone.

Nesta rexión atópase o monte Pentélico, que proporcionou o mármore necesario para a construción do Partenón e os demais monumentos da acrópole, así como para innumerables esculturas, o Himeto, o Laurión (famoso polas súas minas de prata e o Licabeto (hoxe, no centro da Atenas actual. Dende o seu cumio, a onde pode accederse mediante un funicular, contémplanse unhas espléndidas vistas da cidade)

Mapa de Ática. Fonte | wikipedia

As súas chairas producen olivo e vide. Na costa explotaban sal das marismas e dedicábanse á pesca.

No sur do Ática atópase o Cabo Sunión, onde segundo a lenda o pai de Teseo e rei de Atenas, Exeo, tirouse ao mar ao crer que o seu fillo non regresaba con vida de Creta, xa que esqueceu cambiar as velas negras por unhas brancas. Era alí onde se avistaban os barcos que chegaban a Atenas. Neste promontorio podemos visitar hoxe os restos dun templo adicado a Poseidón.

Acrópole de Atenas, o monte que se ve ao fondo é o monte Licabeto. Fonte | wikipedia
Templo Olímpico de Zeus, Atenas. Fonte | wikipedia


Minas de Laurión. Fonte | wikipedia
Templo dórico de Hefesto en Atenas. Fonte | wikipedia
Restos arqueolóxicos de Eleusis. Fonte | wikipedia
Templo de Poseidón no cabo Sunión. Imaxe de Guillén Pérez en Flickr.

Grecia meridional

Podemos chegar a esta península de Grecia a través do Istmo de Corinto. Este foi aberto á circulación marítima no s.XIX coa contrución do canal de Corinto e foi accesible dende entón por medio dunha ponte. 

A Grecia meridional ou Península de Peloponeso contaba con varias cidades importantes, como Olimpia, Corinto, Micenas, Esparta ou Tirinto.

Ademais está dividida en sete rexións:

Mapa do Peloponeso. Fonte | wikipedia 

Corinto

Κόρινθος

Situada ao sur do Itsmo do mesmo nome, na Antigüidade foi unha cidade moi próspera e cosmopolita, famosa pola cerámica e o comercio, cun porto moi importante, onde recalaban numerosas naves.

Contaba cun templo dedicado a Apolo e outro á Afrodita, onde se practicaba a prostitución sagrada. No seu recinto atopábase a fonte Pirene. Ao seu carón está situada a acrópole de Acrocorinto, unha das máis grandes de Grecia, que tivo continuidade na Idade Media. 

Corinto foi visitada por un dos catro evanxelistas cristiáns, Pablo de Tarso, e foi onde tivo lugar a súa famosa conversa cos corintios (Epístolas aos corintios). 

Aínda que nun primeiro momento a cidade recibiu aos romanos como salvadores contra o poder macedónico, ao final, tras unha revolta, Corinto foi arrasada polo xeneral romano Lucio Mumio no 146 a.C.

Canle de Corinto Fonte |  Dives Gallaecia en Flickr 
Templo de Apolo en Corinto Fonte |  Dives Gallaecia en Flickr 
Templo de Apolo en Corinto. Fonte |  Dives Gallaecia en  Flickr 

Acaia

Ἀχαΐα 

Sitúase ó Norte (sobre a costa do Norte do Peloponeso, lindando co golfo de Corinto).

Durante a Guerra do Peloponeso que enfrontou á liga de Delos (unha agrupación dos cidadáns das cidades-Estado da antiga Grecia conducida por Atenas) contra a liga do Peloponeso (agrupación dos Estados do Peloponeso conducida por Esparta) estivo baixo a órbita de Esparta, e tiña un sistema de goberno oligárquico (onde só uns poucos teñen o poder).

Foi unha provincia romana ata o século V.

Mapa de Acaia. Fonte | wikipedia

Élide

 Ἠλεία

Está no Oeste e atravésana os ríos Peneo e Alfeo, entre outros. Son os ríos que desviou Heracles para limpar os establos de Auxías (un dos seus 12 traballos).

Era coñecida pola cidade de Olimpia onde, como ben sabemos, se iniciaron os Xogos Olímpicos no 776 a.C. e tamén polo seu gran culto a Zeus. A este deus adicáronlle un templo e ese era o lugar onde, cada catro anos, se realizaban os xogos. 

Durante a duración dos mesmos, estaban prohibidas as guerras (existencia dunha tregua sagrada). 

A proba máis importante nos Xogos era o pentatlón, que consistía nas probas de loita, lanzamento de disco e xabalina, carreira e salto de lonxitude. 

O gañador recibía unha coroa de olivo.

Reconstrución do Templo de Zeus en Olimpia. Fonte | wikipedia
Mapa de Élide. Fonte | wikipedia

Heracles e os establos de Auxías

Euristeo (por petición de Auxías) mandoulle limpiar os establos do ganado de Auxías, que era o maior de todo o país, ordenoulle este traballo para ridiculizalo porque ao ser tal cantidade de excrementos seríalle imposible limpialos nun solo día. 

Heracles foi astuto e abriu un canal que desviase os ríos Alfeo e Peneo e arrastraron toda a suciedade. Despois de ver isto, Auxías negouse a darlle a súa recompensa, que era darlle parte do seu gando, e desterrouno do reino.

Hércules desviando el curso del río Afeo. Zurbarán. 1634. M. del Prado. Fonte | wikipedia

Arcadia

Αρκαδία

Non ten costa e foi unha rexión de pastoreo. 

Arredor de Arcadia desenvólvese o mito da "Arcadia Feliz", que non é máis que a evocación onírica dunha realidade que nunca existiu. Unha especie de paraíso perdido na Antigüidade grega, no cal o home sinxelo era capaz de vivir en perfecta sintonía coa natureza. Un mundo de abundancia, paz e felicidade enmarcado nunha primavera eterna no cal traballaban pastores, homes e mulleres tremendamente alegres por vivir. Estes elementos compoñían o soño histórico da harmonía social perfecta.

Quizais a Arcadia Feliz non existiu nunca máis alá da literatura, pero a esencia do seu ser motivou a idea de que un mundo máis xusto e feliz era posible.

Mapa de Arcadia. Fonte | wikipedia

 Et in Arcadia ego

"Os pastores de Arcadia", coñecido popularmente como Et in Arcadia ego, é un cadro do pintor francés Nicolas Poussin.

A frase "Et in Arcadia ego" é un memento mori: tradúcese literalmente por "tamén eu na Arcadia (estou)", ou "ata en Arcadia (estou) eu"; poderíase interpretar como "eu, a morte, reino ata na Arcadia".

Con todo, o biógrafo de Poussin, interpreta que quere dicir que "a persoa enterrada nesta tumba viviu na Arcadia"; noutras palabras, que eles tamén nun tempo gozaron dos praceres da vida sobre a terra. 

Nicolas Poussin - Et in Arcadia ego. Fonte | wikipedia

Considérase normalmente que a interpretación correcta é a primeira. De calquera das dúas formas, o sentimento pretendía establecer un contraste irónico ao representar a sombra da morte sobre o usual entretemento e alegría que se supón que gozaban as ninfas e demais habitantes da Arcadia. Tradicionalmente, considérase un símbolo da caducidade da vida, ata nos seus momentos máis idílicos.

Argólide

Ἀργολίς 

É unha das rexións do Peloponeso, situada na parte oriental da península. Aquí destacan as cidades de Argos, Tirinto e Micenas.

Argos converteuse nun punto estratéxico durante a Grecia micénica debido á súa posición privilexiada no medio das planicies fértiles da Argólide. Durante os tempos de Homero pertenceu a un seguidor de Agamenón. O dominio de Argos sobre as cidades da Argólide rivalizou co dominio de Esparta sobre o Peloponeso, pero foi eclipsado pola importancia de Esparta despois do século VI a.C. Debido á súa negativa de enviar suministros ou loitar durante as guerras Greco-Persas, foi apartada do resto de cidades-Estado. Argos mantívose neutral durante os conflictos entre Atenas e Esparta no século V a.C.

Tirinto era outra das cidades máis importantes da Argólide, xunto con Argos e Micenas. Acadou o seu esplendor entre o 1400 e o 1200 a.C. Era coñecida polos seus muros xigantescos, que se decía foran construidos por cíclopes (de aí que reciban o nome de muros ciclópeos). 

Na Antigüidade, a cidade relacionouse coa mitoloxía en torno a Heracles. Algunhas fontes sitúan aquí o seu nacemento.

Micenas foi a patria do lendario rei Agamenón, o que mandaba as forzas gregas que foron loitar a Troia, como nos conta Homero. Dentro dos seus muros desenvolveuse a próspera civilización micénica (1.700-1050 a.C.). Foi escavada polo alemán Heinrich Schliemann, que sacou á luz numerosas pezas de valor incalculable (moitas delas de ouro). Na ácrópole destacan a porta dos leóns, o túmulo de Atreo e o Círculos A e B de tumbas.

Cerca do 1.200 a.C., todos os pazos de Micenas foron queimados (esto atribúese a unha invasión doria por parte dos gregos setentrionales). Durante esa época, o poder de Micenas estaba en claro declive.

File:Nomos Argolidas.png
Mapa de Argólide. Fonte | wikipedia 
Micenas.  Imaxe de grleal en Flickr
Máscara de Agamenon Fonte | Dives Gallaecia en Flickr 
Tesouro de Atreo Fonte | Dives Gallaecia en  Flickr 
Porta dos leóns Fonte | Dives Gallaecia en Flickr 

(...) “Ascendía, pues, en la mañana luminosa, las rampas marmóreas de Micenas, hacia la terraza superior donde se alzó el palacio de los atridas, entre los berridos de agonía de Egisto, los ayes de dolor de Clitemnestra, lamentos de un moribundo Agamenón, gritos de parcas, suspiros perplejos del vengador Orestes, versos encendidos de Eurípides y consejos temibles de Lady Macbeth. «Mira lo que has hecho», decía la famosa lady a su marido, «y luego vuélvete loco». 

Había sangre caliente en el escenario de aquellos grandes asesinatos, sangre vertida por puñales afilados, allí, en las cámaras de piedras demolidas que un día fueron habitaciones regias engalanadas de oro. Olía a muerte en la mañana de Micenas mientras los alegres turistas se fotografiaban unos a otros con furor, ignorantes del crimen, de los más grandes, espantosos y magníficos crímenes de la historia de la literatura. (...)

Javier Reverte. “Corazón de Ulises”. Páx.- 54 

Tamén podemos destacar nesta rexión o teatro de Epidauro, edificado no século IV a.C. para acoller as Asclepeia, celebracións en honor ó deus Asclepio. É o modelo de numerosos teatros gregos e un dos mellor conservados do mundo. 

Teatro de Epidauro. Fonte | Mummadona @Mummadona

Laconia ou Lacedemonia

 Λακωνία 

Neste lugar sitúanse o río Eurotas e o monte Taixeto. Esta rexión destacou, sobre todo, por ter como capital Esparta, a eterna rival de Atenas. Esparta foi dende sempre unha cidade pechada na que exercían o poder absoluto os Éforos (consello de cinco anciáns), mentras que o resto de cidadáns adicaban a meirande parte da súa vida ó exercicio físico e o entrenamento militar.

Esparta sempre foi unha das cidades que se disputou o poder de Grecia, xa que a súa superioridade militar era abrumadora. Xogou un papel clave na Segunda Guerra Médica (por parte do rei Leónidas I e os seus 300 espartanos, que contiveron ós persas de Xerxes I no paso das Termópilas) e liderou a liga do Peloponeso contra a liga de Delos durante a Guerra do Peloponeso. 

O monte Taixeto destaca nesta rexión porque os espartanos tiraban del ós nenos que tiñan algún defecto físico, xa que non poderían convertirse en guerreiros apropiados.

File:Nomos Lakonias.png
Mapa de Laconia. Fonte | wikipedia
Monte Taixeto. Fonte | wikipedia

Mesenia

Μεσσηνία  

Atópase no Sur e pronto foi dominada pola potente Esparta, dado que era unha rexión fértil. Os espartanos sometérona e converteron ós seus abitantes en ilotas ou escravos.

A rexión de Mesenia estaba baixo o control de Menelao de Esparta, e foi mencionada por Homero na súa Ilíada e na Odisea, como a patria do rei Néstor, a onde acode Telémaco para buscar novas do seu pai. Linda ó Norte con Acaia e Arcadia

Rebelouse varias veces contra Esparta, e foi liberada do seu xugo finalmente polo xeneral tebano Epaminondas. Logo da caída do poder tebano, converteuse en aliada de Filipo II de Macedonia, para evitar que os eliminara, como fixera con Tebas. 

Unha cidade importante é Pilos, ubicada na costa suroeste do Peloponeso. O seu edificio principal é o Pazo de Néstor que foi destruido en torno a 1200 a. C. e, ao contrario que outros centros micénicos, non foi reconstruido tras a súa destrucción. Durante a Guerra do Peloponeso, os atenienses instaláronse en Pilos e levaron alí exiliados e hilotas así como desertores.

Mapa de Mesenia. Fonte | wikipedia
Vídeo do Pazo de Néstor.