Atopan un casco de bronce de tipo corintio no sudeste de Rusia

Post date: May 16, 2018 3:07:50 PM

Despois de que o Instituto de Arqueoloxía da Academia das Ciencias de Rusia explorara máis de 600 túmulos de guerreiros na península de Tamán, atoparon un casco grego de tipo corintio datado do S.V a.c. É o único casco corintio atopado en Rusia ata a época. Comprobouse que é igual ó que levaban Pericles e Atenea nas súas representacións.

Pénsase que este helmo pertencía a un guerreiro de certa importancia, morto durante algunha batalla da zona, lugar onde se situaban dúas colonias gregas.