Xerxes

Esta foto representa o momento no que se encontran Xerxes e Leónidas na Segunda Guerra Médica.

A cultura persa:

Este pobo procedente de Asia Central estableceuse na meseta de Irán no s. X a.C. xunto aos medos, pobo que os dominou. Esta situación mantívose ata mediados do s. VI a.C., cando deu un xiro total, baixo o reinado de Ciro II, o Grande, que venceu aos medos, reinados por Astiaxes. Aceptaron a autoridade persa, e Ciro demostroulles respeto, incluído a Astiaxes, a quen lle perdoou a vida. Creou un novo imperio ao conquistar Lidia, as colonias gregas de Asia Menor e Mesopotamia, conquistando Babilonia. Tamén creou unha reforma militar, convertindo a cabalería na principal forza de choque. Ciro morreu no 529 a.C., durante unha campaña militar.

Exipto foi sometido aos persas, de cando reinaba Cambises, fillo de Ciro no 525 a.C. Adoptou os deuses gregos, aos que logo insultou, posiblemente por estar enfadado polas derrotas de Nubia e Cartago. Cando morreu sucedeuno Darío, primo seu, que sigueu a política de expansión territorial, reestablecendo a orde interna, de modo violento, ata que freou nas cidades-estado gregas que o venceron nas guerras médicas, o que posibilitou a conquista do imperio persa por Alexandre de Macedonia, no 330 a.C.

O goberno estaba a cargo dunha monarquía absolutista. O territorio foi dividido en 20 satrapías por Darío. As máis importantes eran Lidia, Media, Asiria, Babilonia, Exipto e India, comunicadas por unha rede de camiños. Ao cargo das satrapías estaban os sátrapas, que lles impoñían aos habitantes fortes tributos que servían para manter o exército. A capital relixiosa era Persépolis, construída por Darío I, e as tres capitales administrativas eran Susa, Ecbatana e Pasagarda. Contaban cun poderoso exército, formado por dez mil homes que realizaban a defensa do territorio e a conquista doutros novos, pero cunha actitude respetuosa cara os pobos dominados, a quenes recoñeceron a súa identidade cultural, ao respectar a súa relixión e os seus costumes. Foron influídos polos pobos conquistados que imprimiron a súa cultura no imperio persa. Por exemplo, a edificación en terrazas foi tomada dos mesopotámicos e as columnas dos exipcios e dos gregos.

Coma en todos os pobos da antigüidade, os persas asombrábanse cos fenómenos naturais e os adoraban coma deuses. Eles foron creadores dunha nova relixión, o mazdeísmo (600 a.C.). Nesta relixión existen dúas forzas enfrontadas, polo cal recibe o nome de dualista: a do ben, representado por Ahura-Mazda e a do mal, representado por Ahriman. Os seus preceptos aparecen no libro sagrado, o Zend Avesta, onde se augura a existencia dunha vida ultraterrena, despois do xuízo final, que determina o paso da eternidade no ceo ou no inferno. O coñecemento do Avesta, obtívose no s. XVII, cando foi traducido ao francés por A. du Person, comprobándose que foi escrito en diferentes épocas, polas distintas linguas empregadas.